Xa se coñecen as datas e os horarios da segunda fase da Primeira Autonómica na categoría alevín. Seis equipos pelexarán na promoción polos dous primeiros postos que lles darían o acceso a desputar a Fase Final Galega. Os encontros comezarán a última fin de semana de febreiro e rematarán o sete de maio, nun calendario composto por dez xornadas. Hai unha semana mencionábamos aos campións que agora seguen co seu camiño.

Por outra banda, na mesma categoría tamén están os horarios dos equipos participantes na fase previa. Seis conxuntos que tentarán buscar a mellor colocación para a Copa. Os partidos arrincan tamén en dúas semanas e rematarán o sete de maio, nun calendario composto por dez xornadas.