Os equipos da Preferente que máis tardaron en decidir finalmente o seu futuro seguen tentando construír o seu cadro de xogadores neste mercado. No novo Escairón de Anxo Valcárcel chega o mediocentro Daniel Dafonte. O mediocentro monfortino procede do Arenteiro co que conseguiu o ascenso esta temporada á Terceira División. No último curso no conxunto do Carballiño, Dafonte participou en 29 partidos sendo titular en 22. Pola súa banda, na Primeira o Lemos, despois da formación da nova directiva encabezada por Óscar López, o adestrador Edu xa comezou a facer as primeiras incorporacións. Adrián Antas, Borja Rodríguez, Emilio, Gonzalo Torres, Hugo Madarnás, Leo, Roberto Varela e Sergio Guitián. Guitián e Madarnás debutarán en categoría sénior procedentes dos xuvenís do Calasancio. Por outro lado, Ivo reforza a Sarriana adestrada por Julio Corral procedente do Bóveda.

Na Segunda Galicia norte o Burela confirmou dúas renovacións máis. Deonildo e Raúl Lara seguirán formando parte unha campaña máis do cadro da Marosa. No grupo sur destaca a actividade da Milagrosa que incorporou a tres futbolistas. Álvaro Sánchez «Alvarito» chega para reforzar o lateral procedente da Comercial e con pasado xa no Corgo e na propia Milagrosa. Outros que volven son José Moreno e Diego Tejeda. O atacante Moreno faino despois xogar tamén no Casás e na Comercial, mentras que o extremo Tejeda estivo na última temporada no Riotorto.

Sen marchar da capital o San Lázaro confirmou a primeira fichaxe deste período estival. Trátase de Joel, un carrileiro zurdo que vén dende a Comercial. Ademais o monterrosino Pacín axudará a Merino na dirección dende o banco. Indo cara o sur tamén chegou o primeiro futbolista novo ao Antas, Rubén Vicente Ríos que procede do Monterroso B. Na última temporada participou en catorce encontros.

Raúl Morán procede do Corgo

Na Terceira, o Rioaveso reforza o seu equipo coa fichaxe de Fran Roca que volve aos campos despois duns anos sen xogar a nivel competitivo. Ademais, o Cazás comezará a pretemporada o 28 de xullo coa vista posta na Copa Concello de Xermade.

No tocante ao fútbol base, no Castro o defensa Dumi, militante do primeiro equipo, será o adestrador dos alevíns; mentras que Raúl Morán García será o adestrador dos cadetes. O equipo participará na liga cadete de Primeira Autonómica grupo norte. Na mesma categoría, pero no grupo de Ourense, xogará o equipo cadete do Chantada que estará dirixido por Dani Orcha. Por outro lado, o equipo xuvenil B terá a Manuel Rodríguez como técnico.

 

No tocante aos encontros de verán, os dous equipos sénior do Monterroso xa coñecen o seu calendario de pretemporada. O primeiro equipo, que terá o 26 de xullo a primeira sesión de preparación, comezará a xogar o 29 nun triangular en Cerdeiriños que os enfrontará ao Racing Vilalbés e ao CD Lugo xuvenil de División de Honra. O 3 de agosto visitarán o Roca para medirse ao Racing Vilalbés xuvenil División de Honra, o 9 contra o Friol na Reigosa, o 12 co Lugo B en Cerdeiriños, o 19 coa SD Golada en A Golada, o 23 co Cire Melide en Cerdeiriños e o 26 en Vila de Cruces ante a SD Piloño. Pola súa banda, o filial comezará a adestrar o 8 de agosto e terá os seguintes amigables: o 12 de agosto co Relámpago Taboada na Medela, o 19 co Chantada B, Friol e Portomarín nun cuadrangular en Cerdeiriños, o 27 en Rodeiro ante o conxunto local e o 31 ante o Antas en Cerdeiriños.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 550

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.