Diario dun mercado. Episodio 86

Comezamos con novidades na Preferente. A Sarriana segue a perfilar o seu equipo e acadou a fichaxe dun gardameta de garantías. Chega á Ribela Yebra, porteiro que procedente do Castro. O Ribadeo, logo de comezala pretempada quedou sen preparador físico, despois de que Brais aceptase a oferta do Castro para adestrar a xuvenís e cadetes. […]

Miguel (SD Burela): «Tarde ou cedo tiña que voltar»

  O regate non está de moda no fútbol de hoxe en día. Vémolo cada día no mundial de Rusia onde é raro ver un contra un no que un extremo encare ao lateral. Por sorte, no noso fútbol aínda temos futbolistas que che fan erguerte do teu asento. Un deles é Miguel Gomes, que […]

O partido da xornada . . . S.D. Burela – C.D. Brollón: a gran final xógase no Anxo Carro

Domingo ás 18:30 horas no Anxo Carro. Esceario de luxo para a final da Copa Jorge Tato de equipos de Segunda e Terceira Rexional entre S.D. Burela e C.D. Brollón. Dous equipos con traxectorias distintas nesta Copa Deputación, pero que chegan á gran final coas mesmas gañas de levantalo trofeo. A S.D. Burela logo de […]

Diario dun Mercado. Episodio 57

A Mariña segue a protagonizar boa parte dos movementos nestes primeiros días de mercado. A S.D. Burela refórzase para o seu retorno á Primeira Autonómica, e faino con Jony, procedente do Valadouro, e con Miguel, que volve aos seus orixes logo de catro temporadas no Ribadeo. Pola súa banda, a S.D. Chantada deu a coñecer […]

O partido da xornada . . . dous derbis que deciden a permanencia en Preferente

Coas restantes categorías do noso fútbol xa embarcadas na disputa da Copa Deputación, a Preferente tamén baixa o pano este fin de semana. Cinco conxuntos xa non poñen en xogo máis que a honra de logralos tres puntos. O Polvorín xa co ascenso no peto, Ribadeo e Castro sen opcións de ascenso e Escairón e  […]

O partido da xornada . . . os descensos na Primeira xóganse en catro campos

Chega a derradeira xornada de competición na Primeira Autonómica. Co peixe vendido na parte alta desde fai un par de xornadas, a atención céntrase na loita pola permanencia nunha categoría que pode ser moi castigada polos arrastres por mor da cascada de descensos de categorías superiores. Sen saber aínda se algún equipo de Terceira acada […]

O partido da xornada . . . Club Lemos – C.D. Foz: o veredicto final polo ansiado ascenso a Preferente

Este domingo ás 17:30 horas, a Pinguela acollerá, na xornada 31 de liga, unha auténtica final polo ascenso na Primeira Autonómica. Dous equipos, Lemos e Foz, que ven como o tren do ascenso pasa por gañar este encontro, aínda que ámbolos conxuntos están separados por seis puntos na táboa clasificatoria. Os monfortinos non teñen outra […]

O partido da xornada . . . S.D. Burela – E.D. Lourenzá: o líder recibe un aspirante ferido

Este domingo ás 17 horas na Marosa dispútase un encontro que marcará o futuro da Segunda Autonómica. S.D. Burela e E.D. Lourenzá eran desde o comezo da competición dous firmes candidatos a ocupalos postos cabeceiras nesta categoría. Os burelaos, logo do descenso do pasado ano, buscaban saír do pozo á primeira, pero a temporada, malia […]

O partido da xornada . . . C.F. Riotorto – S.D. Sarriana: o ascenso en xogo na Veiga

O domingo ás 16:15 a Veiga recibe a un dos grandes favoritos ao ascenso de categoría, a S.D. Sarriana. Un equipo recén descendido da Preferente, que é terceiro na clasificación a un punto dos postos de ascenso e cun partido menos. Pero o anfitrión é o C.F. Riotorto. Os locales son os inquilinos do segundo […]

Diario dun mercado. Episodio 49

O pasado derbi da Chaira deixounos unha gran novidade no Castro. O conxunto de Javi López conta cun novo ‘pelotero’. O antigo mediapunta do Bóveda, Igor, é novo xogador vermello. E deixou boas sensacións na súa estrea. Falando de fichaxes, a Milagrosa segue na súa liña de reincorporar talento formado na Fábrica de Frigsa. O […]

As bodas de ouro da SD Burela

Todo comezou cun balón que entrou pola escadra. Sí, era o primeiro gol oficial que se marcaba na Marosa e Honorato non deixou que se fixesen teas de araña naquela portería. Xogaban contra un equipo da capital lucense, o balón caeu rexeitado e Honorato pegoulle con todo. O que veu despois xa é historia. «Antes había só cine […]