Diario dun mercado. Episodio 104

Aínda coa Copa Deputación en marcha, o mercado no fútbol lucense xa comeza a moversecon forza. Anxo Fernández non segue no banco do Folgueiro por motivos laborais. O conxunto do Vicedo terá que buscar adestrador logo do seu ascenso a Primeira Autonómica. Tamén terá que acudir ao mercado o Rubián logo de que se confirmase […]

As nosas redes falan

A paixón coa que se vive o derbi da horta entre o Lourenzá e o Mondoñedo quedou demostrada nas redes sociais. Memes e os vídeos de dobraxe, que están de moda, protagonizaron o cruce amigable de bromas entre os veciños na previa dun dos encontros do ano na provincia. Nos 90 minutos dun choque igualado […]

O partido da xornada . . . Polvorín – Racing Vilalbés: o derbi lucense da Terceira

Contamos con poucas ocasións de disfrutar dun derbi provincial en Terceira División. De feito, na última campaña non existiu esa posibilidade. O efímero paso de Ribadeo e Castro pola categoría brindáronnos esa opción alguna temporada, pero este ano chega un inédito. Domingo ás 12:15 no campo da Cheda, o Polvorín, que se estrea este ano […]

O partido da xornada . . . C.D. Castro – Ribadeo F.C.: choque de contrastes no Arturo Pereiro

O domingo ás 17 horas, o Arturo Pereiro será o esceario do encontro entre Castro e Ribadeo, dous dos representantes lucenses na Preferente Norte. Con pasado non moi lonxano en Terceira División, a situación a día de hoxe dos dous clubes é moi diferente. O cadro chairego ocupa a antepenúltima praza na clasificación con dous […]

Diario dun mercado. Episodio 68

  O histórico Compostela non vai deixar de ter presenza lucense no seu cadro de xogadores. Despois da baixa de Diego Rey, o dianteiro Santi Gegunde continuará no cadro adestrado por Yago Iglesias unha temporada máis. Na Terceira tamén seguirá o ex adestrador do Racing Vilalbés, Óscar Gilsanz, que adestrará o Laracha, un cadro que […]

Diario dun mercado. Episodio 27

O mercado provincial non baixa en intensidade. Na Terceira División o Racing Vilalbés anunciou a súa primeira fichaxe. Alberto Lamas «Make» regresa ao conxunto chairego despois de xogar a última temporada na SD Compostela. O mediocentro de Árbol participou en 33 partidos co conxunto santiagués, dos cales foi titular en 22. Agora, reforza ao equipo […]

As notas da Segunda e da Terceira na última xornada

Rematou a competición regular na Segunda Galicia e remtaron tamén os play-offs na Terceira, polo que estas notas son as últimas en canto a liga se refire. Non obstante, o fútbol afeccionado das categorías máis inferiores non remata aquí. En 10 días arrinca a Copa Deputación da que xa se coñecen os calendarios e da […]

Así está o fútbol provincial: arrastres e compañía

O fútbol afeccionado lucense entra no seu tramo definitivo de competición e os nosos equipos xóganse moito nestes últimos encontros. Na Terceira División só quedan catro xornadas para rematalo campionato con Vilalbés e Castro loitando por obxectivos moi distintos. No resto de categorías esta fin de semana volve a competición coas últimas seis xornadas da […]

As Notas da Segunda e da Terceira na primeira semana de abril

A promoción de ascenso na Terceira Galicia tanto norte como sur está marcada pola igualdade das eliminatorias. No grupo norte, Goiriz e Matela, dúas parroquias dos concellos de Vilalba e Outeiro de Rei, respectivamente, desputarán a final por ascender. No sur, a ida das semifinais non deixou nada claro e todo se resolverá na volta. […]

O Rubián-Sober foi suspendido por insultos racistas ao árbitro

A xornada 27 da Segunda Galicia grupo sur tivo un gran enfrontamento na parte alta coa vitoria do SDC San Roque sobre o Palas. Non obstante houbo outro partido que ten pendente agora a, cando menos, cinco equipos. No campo do Poste enfrontábanse o Rubián (xogándose a salvación) e o Sober (xa descendido). Sobrepasaba o […]

  • 1
  • 2