As Notas da Segunda e da Terceira na primeira semana de abril

A promoción de ascenso na Terceira Galicia tanto norte como sur está marcada pola igualdade das eliminatorias. No grupo norte, Goiriz e Matela, dúas parroquias dos concellos de Vilalba e Outeiro de Rei, respectivamente, desputarán a final por ascender. No sur, a ida das semifinais non deixou nada claro e todo se resolverá na volta. O Monterroso B parte cunha pequena vantaxe ante o Quiroga grazas a marcar un gol fóra (1-1) e o Río Sil gañou por 1-0 ó Incio. Na Segunda Galicia afrontan as últimas dúas xornadas de competición co Pontenova xa ascendido na norte. Esta fin de semana haberá horario unificado na categoría naqueles partidos nos que haxa algo en xogo. Todo o acontecido ten presenza nas notas desta semana.

O ás: Álex do Matela

O porteiro do conxunto de Outeiro de Rei, Álex Varela foi chave na vitoria do seu equipo nos play-off de ascenso á Segunda Galicia ante o Cervo. Aínda que encaixou un gol de penalti, realizou grandes intervencións de mérito que evitaron que na súa portería entrase máis dun gol. Algo que lle podería complicar o pase ao seu equipo.

A figura: Manu do Río Sil

Manu Álvarez foi o protagonista na ida da promoción de ascenso entre o Río Sil e o Incio ao anotar o gol que mantén o seu equipo con vantaxe na eliminatoria. O tanto chegou no minuto 89 despois de que o Río Sil levase dende os últimos minutos da primeira metade cun xogador menos pola expulsión de Juan Diéguez.

 

Nin pé con bóla: Meira FC

O conxunto meirego é o equipo da Segunda Galicia con peor xeira nos últimos partidos. Levan dez encontros sen coñecer a vitoria, dende que lle gañaron ao Mondoñedo e son xa, oito derrotas consecutivas. Esta situación deixa ao club 13º na clasificación, con tan só tres puntos de vantaxe sobre o descenso.

Demasiado intenso: Insultos racistas dende a grada no Rubián-Sober

No minuto 74 de encontró cando o Rubián ía gañando 1-0 ante o Sober nun partido vital pola permanencia para os locais, dende a grada berráronse insultos de carácter racista ante una decisión arbitral. O árbitro decidiu suspéndelo partido. Agora o o Comité sancionou ó Rubián ca disputa de dous partidos a porta pechada. O primeiro deles será a continuación do mesmo, este venres ás 20:30 disputaranse os minutos que faltan.

 

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 467

Deja un comentario