O partido da xornada . . . C.D. Castro – Ribadeo F.C.: tres puntos para engancharse á cabeza

Domingo día 14 ás 16 horas no Arturo Pereiro. C.D. Castro e Ribadeo F.C. desputan o «partido da xornada» no fútbol provincial. Ámbolos conxuntos tan só están separados nun punto na táboa clasificatoria e os dous levan unha traxectoria similar no que vai de temporada. O Castro é quinto clasificado a cinco puntos do Polvorín, […]

O partido da xornada. . .Club Lemos – S.D. Chantada: dous históricos na pelexa polo ascenso

A Pinguela albergará este domingo ás 16 horas un dos mellores partidos que se pode ver nos campos da provincia de Lugo. Dous equipos, dúas vilas, que ben seguro gustarían de medirse nunha categoría superior, pero as circunstancias fan que sexa en Primeira Galicia. Precisamente pola participación destes equipos, xunto coa Sarriana, Foz, Xove Lago, […]

Qué ver esta fin de semana? (25-26 novembro)

Sábado de Segunda Galicia. No grupo Norte, Burela e Candelaria xogarán un novo derbi mariñán. Na zona Sur, batalla polo ascenso entre Friol A e Oural. O domingo comeza coa Liga galega xuvenil: O Calasancio recibe ao Alondras B. Pola tarde, derbis e moi interesantes. Castro e Residencia vense as caras na Preferente e Bóveda […]

Emilio, Incio «Aportei sempre a máxima dedicación»

Preto de trinta anos no fútbol da provincia. Que se di rápido. E case trinta minutos de charla, un por cada temporada que leva defendendo os paus das porterías de varios equipos da zona sur e centro da provincia de Lugo. Emilio Castro (Castelo, Incio) comezou no fútbol afeccionado con 16 anos no Arenas, con […]

A mellor previa dunha espectacular Primeira

Xa está aquí. Chega a mellor Primeira Galicia da década. E dende Futbolinlugo queremos ofrecervos a mellor previa, así que aquí vos deixamos co análise máis completo da categoría, cunha descripción individual de cada un dos equipos participantes. Sarriana: O gran favorito ao ascenso. Reforzos de luxo, especialmente no centro do campo, e fortes en […]

Que ver esta fin de semana? (2-3 setembro)

Comeza setembro e a nosa nova programación. Tódolos venres trarémosvos unha proposta futbolística para a fin de semana. Non quere dicir que sexa a mellor, posto que cada un ten os seus gustos, porén sempre será a máis interesante posible para nós. Sen máis dilación, estos son os sobranceiros da xornada para este humilde equipo […]

Diario dun mercado. Episodio 52

As competicións están a piques de comezar, e os clubes apuran ao máximo o mercado de fichaxes para facerse con xogadores que, á longo prazo, poden ser determinantes no devenir das ligas!

Diario dun mercado. Episodio 44

Nesta semana son moitos os equipos que están volvendo a vestirse coa roupa dos adestramentos xa que comezan a preparar a nova temporada. Non obstante, o cadro de futbolistas aínda non está pechado en moitos deles e os clubs seguen acudindo ao mercado. Na Preferente Norte, o Escairón fichou ao dianteiro Ibrahima Ndiaye «Ibou» que xa […]

Diario dun mercado. Episodio 41

A fin de semana pasou factura para os nosos clubes e os movementos no mercado escasearon.

Diario dun mercado. Episodio 37

Os equipos da Preferente que máis tardaron en decidir finalmente o seu futuro seguen tentando construír o seu cadro de xogadores neste mercado. No novo Escairón de Anxo Valcárcel chega o mediocentro Daniel Dafonte. O mediocentro monfortino procede do Arenteiro co que conseguiu o ascenso esta temporada á Terceira División. No último curso no conxunto […]

Diario dun mercado. Episodio 34

O Rácing Villalbés segue sumando ‘fichas’ ao seu novo proxecto na Terceira División. Esta vez, en forma de renovación. Rubén Gómez continuará unha tempada máis na Magdalena. Nesta liña, todo apunta a que Vérez e Dani Montes (titulares onte frente ao Deportivo) quedarán no primeiro equipo. Así mesmo, Juanjo (Calasancio) reforza ao cadro xuvenil de […]

Diario dun mercado. Episodio 22

Xusto! Xusto seguirá un ano máis na Chaira. O central mariñán continuará sendo un dos máximos expoñentes da zaga do Racing Villalbés. Falando de talentos mariñáns, semella que un deles cambiará de aires. Manolito non renova con Valadouro e os mentideiros futbolísticos sitúano xa en Foz. Co cal o eterno Gayol tería o seu nove […]

Diario dun mercado. Episodio 20

Na Chaira siguen chegando as novidades para unha nova tempada na Preferente. O Outeiro asinou ao excentral da Sarriana Muñiz, formado na base do Racing Villalbés. Pola súa banda, os veciños do Castro conseguiron renovar a un dos seus canteiráns estrela: Hugo Buide. Sen movernos da Preferente, o Atlético Escairón segue ilusionando á súa parroquia […]

Once das semifinais de Copa de Preferente e Primeira

A última batalla xa está definida. A loita pola Copa da Preferente e Primeira xa só é cousa de dous. O Monterroso e o Lugo B terán que atravesala provincia (sobre todo no caso do primeiro) para ir na búsqueda do título o vindeiro domingo ás 18:30 da tarde en Cantarrana. Os dous conxuntos superaron […]

Once dos cuartos da Copa de Preferente e Primeira

Na antepenúltima rolda da Copa de Preferente e Primeira dámoslle o premio de saír no once a aqueles xogadores dos equipos que saíron vitoriosos nas súas eliminatorias. Non quere dicir que o resto dos clubs derrotados non sexan merecedores tamén desta pequena distinción, pero optamos por recompensar a aqueles que seguen adiante e que a […]

Once dos oitavos da Copa de Preferente e Primeira

Os equipos da Preferente Norte incorporáronse as eliminatorias da Copa despois de finalizar a temporada regular e xa houbo as primeiras sorpresas. Oito equipos desputarán a vindeira fin de semana os cuartos de final, pero antes repasamos os protagonistas dos oitavos no noso once. Unha das sorpresas da fin de semana estivo na vitoria do […]

Once da xornada 38 na Preferente Galicia

Rematou a competición regular na Preferente e ningún dos equipos lucenses ten que agardar a nada para saber o seu futuro. O Lugo B xa sabe que non xogará fase de ascenso, a pesar de acabar en posto de promoción na clasificación. Non obstante, a posibilidade de que só o Rápido de Bouzas poida ascender á […]