As nosas redes falan

A última fin de semana de novembro foi especial polo compromiso amosado en moitos dos campos da provincia que se sumaron á campaña «En negro contra as violencias». Non obstante, botouse en falta xente; algúns d@s que non se perdían ningún partido deixaron de alentar dende a bancada. Aínda que de seguro o seguirán facendo […]

Galería de imaxes: Lourenzá 1-0 Iberia

A pasada fin de semana tivo lugar un encontro máis que interesante no campo de Santa Cruz. Medíronse nun bonito derbi comarcal o Lourenzá e o Iberia, quedando finalmente os tres puntos na casa. A cámara de Futbolinlugo, cortesía de Laura Teijeira Pérez, estivo presente para inmortalizar os mellores momentos do choque

Diario dun mercado. Episodio 99

Os equipos que aínda non comezaron a temporada ultiman os detalles de cara ao inicio da competición. É o caso, por exemplo, do fútbol feminino onde o novo proxecto PM Friol CD Lugo presentou as súas fichaxes. O cadro adestrado por Josito Jul ten sete caras con respecto a temporada pasada. Para reforzala portería chegou […]

Diario dun mercado. Episodio 93

O Racing Vilalbés continuará capitaneado por Pablo Vivero. O club fixo oficial a renovación do mediocentro por unha temporada polo que cumprirá a súa vixésimo cuarta no cadro chairego. Ademais, o equipo adestrado por Juan Peón, comunicou a renovación do central Diego Muíña. Na Primeira o Santaballés reforza a defensa coa chegada de Alberto Cornide […]

Diario dun mercado. Episodio 64

Hoxe é un día triste. En especial para aqueles que estamos no mundo do fútbol. En primeiro lugar, queremos dar o noso máis sentido pésame a todos os amigos, familiares, coñecidos de Álex Blanco, así como a membros do CP Calasancio, polo repentino pasamento deste rapaz. 

Diario dun mercado. Episodio 63

As novas non paran na provincia lucense. Pese a que a temporada rematou hai poucas semanas, a mayoría de clubes están a confeccionar os seus cadros de cara a cumplir os seus obxectivos na vindeira campaña. Hoxe, falamos de movementos na Primeira Galicia, coa incorporación de Dafonte ao Lemos e a conversión de Cholas en […]

O partido da xornada . . . Club Lemos – C.D. Foz: o veredicto final polo ansiado ascenso a Preferente

Este domingo ás 17:30 horas, a Pinguela acollerá, na xornada 31 de liga, unha auténtica final polo ascenso na Primeira Autonómica. Dous equipos, Lemos e Foz, que ven como o tren do ascenso pasa por gañar este encontro, aínda que ámbolos conxuntos están separados por seis puntos na táboa clasificatoria. Os monfortinos non teñen outra […]

O partido da xornada . . . o ascenso a Segunda xógase a tres bandas

A Terceira Autonómica afronta a súa xornada decisiva na nosa provincia. O Muimenta S.D. xa é primeiro no Torneo Delegación no Grupo Norte e agarda rival para a promoción de ascenso. Será o primeiro do Grupo Sur. Nestes momentos ese posto é ocupado polo C.D. Guntín, que o defenderá na última xornada, no seu campo, […]

Que foi de . . . Carlos Devesa: un defensa dos de sempre, un nostálxico do fútbol popular

Falar do fútbol mariñán é facelo, entre outros moitos, de Carlos Devesa (Foz, 1973). Un amante do fútbol sobre tódalas cousas, pero dese fútbol que agora se bota de menos, do popular. Do que nos anos 90 ateigaba as gradas de Cantarrana, do Martínez Otero ou dun Viñas da Veiga que vía como a S.D. […]

Montoya (Iberia C.F.) e Pablo Rego (U.D. Xove Lago): mesma lesión, idénticas ilusións

No fútbol afeccionado, cando vestirse de curto un domingo o fas porque é a túa paixón e non polo que recibes a fin de mes, sempre existe o mesmo temor: «e se me lesiono?», «que será do meu traballo?», «e dos meus estudios?». É inevitable sufrir algún percance, pero o problema surxe cando aparece unha […]