As nosas redes falan

Hai moitas vertentes coas que se pode catalogar unha decisión arbitral; máis naturalidade e menos forofismo é o que se precisa na maior parte dos casos. Hoxe explicamos as actuacións arbitrais ao noso xeito. Ademais, rescatamos unha desas xa famosas fotos de vestiario dun equipo que está á alza e destacamos unha iniciativa especial para […]

O partido da xornada . . . Lemos – Riotorto: o líder ante o equipo máis en forma de Primeira

Este domingo ás 16 horas, a Pinguela acollerá un dos encontros máis atractivos da Primeira Autonómica. O Lemos, líder sólido desde a primeira xornada, recibe a un Riotorto que non coñece a derrota nos últimos tres meses. Logo de quince xornadas disputadas, o Lemos conta con trinta e seis puntos e ocupa a primeira posición […]

As nosas redes falan

Os equipos da Terceira Rexional teñen que discorrer a que lle dedican a fin de semana para evitar perder o ritmo ante os paróns da categoría (dous neste mes de outubro, a maiores dos que teñen os dous equipos que descansan cada xornada no grupo sur). Non obstante, noutros campos os descansos viñeron obrigados por […]

O partido da xornada . . . C.D. Castro – Ribadeo F.C.: choque de contrastes no Arturo Pereiro

O domingo ás 17 horas, o Arturo Pereiro será o esceario do encontro entre Castro e Ribadeo, dous dos representantes lucenses na Preferente Norte. Con pasado non moi lonxano en Terceira División, a situación a día de hoxe dos dous clubes é moi diferente. O cadro chairego ocupa a antepenúltima praza na clasificación con dous […]

O partido da xornada . . . S.D. Chantada – Taboada C.F: o derbi en campo neutral

Unha das datas sinaladas en vermello no almanaque dos xogadores e siareiros de Chantada e Taboada é a deste domingo. Enfrontamento directo entre equipos veciños, entre amigos e compañeiros, pero durante os noventa minutos grandes rivais. A cita será ás 17:30 horas deste domingo día 16, pero o encontro non poderá disputarse no Sangoñedo, ao […]

Diario dun mercado. Episodio 59

Comezamos este novo capítulo do mercado de fichaxes do noso fútbol no sur da provincia. Un dos xogadores máis destacados do Atlético Escairón na temporada que vén de rematar, Borja Castro, deixa o clube do Saviñao para recalar no Club Lemos, que apuntala así cun xogador de garantías a súa parcela defensiva. Seguindo na zona […]

O partido da xornada . . . dous derbis que deciden a permanencia en Preferente

Coas restantes categorías do noso fútbol xa embarcadas na disputa da Copa Deputación, a Preferente tamén baixa o pano este fin de semana. Cinco conxuntos xa non poñen en xogo máis que a honra de logralos tres puntos. O Polvorín xa co ascenso no peto, Ribadeo e Castro sen opcións de ascenso e Escairón e  […]

Os resultados que implican ascensos no último domingo de abril

Resultados última xornada Segunda Galicia (equipos que tiñan opcións de ascender) Burela 4-0 Ourol Pol 4-0 Iberia Folgueiro 6-0 Meira Chantada Atlético 3-0 San Lázaro 6-0 Oural A derradeira xornada do mes de abril resolveu parte das incógnitas nas competicións regulares na Primeira, Segunda e Terceira Rexional. A falta de tres xornadas para que remate […]

O partido da xornada . . . Club Lemos – C.D. Foz: o veredicto final polo ansiado ascenso a Preferente

Este domingo ás 17:30 horas, a Pinguela acollerá, na xornada 31 de liga, unha auténtica final polo ascenso na Primeira Autonómica. Dous equipos, Lemos e Foz, que ven como o tren do ascenso pasa por gañar este encontro, aínda que ámbolos conxuntos están separados por seis puntos na táboa clasificatoria. Os monfortinos non teñen outra […]

O partido da xornada . . . o ascenso a Segunda xógase a tres bandas

A Terceira Autonómica afronta a súa xornada decisiva na nosa provincia. O Muimenta S.D. xa é primeiro no Torneo Delegación no Grupo Norte e agarda rival para a promoción de ascenso. Será o primeiro do Grupo Sur. Nestes momentos ese posto é ocupado polo C.D. Guntín, que o defenderá na última xornada, no seu campo, […]

Anxo Fernández (U.D. Folgueiro): «Pase o que pase ao final, a temporada é moi boa»

Antes de comezar a actual temporada, desde fóra, a U.D. Folgueiro non entraba en ningunha quiniela para dar o salto de categoría. Pero desde dentro, a convicción era de poder dar guerra, e loitar por un ascenso que, de acadalo, sería histórico para o conxunto do Vicedo. A plantilla da pasada temporada, con reforzos de […]

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – S.D. Outeiro de Rei: final anticipada pola permanencia

Dúas realidades distintas, dous equipos que comezaron o ano con obxectivos distintos, pero que con máis de media liga gastada teñen que afrontar un reto común: a permanencia en Preferente Autonómica. O vindeiro domingo día 4 de febreiro, ás 16:30 horas, Cantarrana será o esceario dun enfrontamento cara a cara entre Viveiro C.F. e S.D. […]

O partido da xornada . . . C.F. Riotorto – S.D. Sarriana: o ascenso en xogo na Veiga

O domingo ás 16:15 a Veiga recibe a un dos grandes favoritos ao ascenso de categoría, a S.D. Sarriana. Un equipo recén descendido da Preferente, que é terceiro na clasificación a un punto dos postos de ascenso e cun partido menos. Pero o anfitrión é o C.F. Riotorto. Os locales son os inquilinos do segundo […]

As nosas redes falan!

  Unha semana máis, chega a sección na que os protagonistas sodes vós, e na que complementades todo o que ocorre nos campos a fin de semana!!