Trío de Ases Terceira (Xornada 22) e Preferente (Xornada 21)

O derbi da capital foi para a Residencia. Un solitario gol de cabeza de Dieguito prolongou o gran inicio de ano dos de Álvaro Meilán, que suman 10 puntos nos últimos 4 partidos. O pelotón perseguidor aproveitou a derrota do Polvorín e, por exemplo, o Ribadeo xa está a só tres puntos desa segunda praza […]

Destacados Primeira. Xornada 18

*Lemos-Monterroso: Tres goles na primeira metade, dous deles de Diego Arias, déronlle a victoria a un Lemos moi superior. Os de Edu Rodríguez seguen a facer un fortín da Pinguela e xa son segundos. *O Páramo-Foz: Os de Fontal dominaron nas Rapadas a un Foz que acusou a vermella directa a Miguel no comezo da […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 21) e Preferente (Xornada 20)

O Ribadeo logrou moito máis que tres puntos no Arturo Pereiro. Certificou a súa candidatura ao ascenso diante dun rival directo. E cun gol no minuto 92. Esta vez, o desconto non lle sorriu ao Castro, como fixo a anterior xornada ante o Viveiro. Unha tarde para olvidar a do cadro vermello, que recibiu un […]

Destacados Primeira. Xornada 17

Xornada frenética para comezar o 2018 e pechar a primeira volta. Estes foron os destacados e o máis salientable de cada un dos encontros da xornada. *Riotorto-Xove Lago: Primeira metade para enmarcar dos de Ramón Labrada. Nela marcaron os dous goles. Pedro Díaz, ex do Castro, debutou no Riotorto na segunda metade. *Sarriana-Santaballés: Cómodo triunfo […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 20) e Preferente (Xornada 19)

Os derbis desta xornada fixeron cambiar os postos de descenso. A Residencia sae da queima logo de superar ao Outeiro de Rei nun derbi moi parello e disputado en Friol. O cadro de Juan Peón tivo oportunidades para conseguir o empate, pero o meta capitalino Diego Bravos foi decisivo nos momentos clave. Ese posto de […]

Trío de Ases e Destacados da Preferente e Primeira nos adiados de fin de ano

Nesta última fin de semana do ano, en medio do Nadal, tivemos ata cinco encontros dentro dos aprazados pola cicloxénese Ana. Dous de Preferente e tres de Primeira Galicia. Contámosvos xa os detalles e os destacados de todos estes partidos. *Castro-Betanzos: O xogo reanudouse no mesmo punto onde concluiran os vinte minutos disputados: nun saque […]

Destacados Primeira. Xornada 16

A última xornada de 2017 deixounos os seguintes detalles en cada un dos encontros disputados. E por suposto, os nosos destacados! *Santaballés-Xermade: O Santaballés gañou o derbi chairego con claridade. Martín deixou o gol da fin de semana cun espectacular lanzamento de primeiras dende a frontal. *San Roque-Taboada: A néboa foi a gran protagonista do […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 19) e Preferente (Xornada 18)

Aquí en Lugo sómosvos de extremos. Nada de medias tintas. Por iso, os nosos equipos se atopan ou ben nos postos sobranceiros, ou sufrindo duramente para eludir o descenso. Comecemos polas boas noticias. O Racing Villalbés encarrilou a súa décima xornada sen perder despois de superar ao Laracha a domicilio. Fíxoo con dous goles antes […]

Destacados Primeira. Xornada 15

A cicloxénese explosiva Ana deixounos unha versión reducida desta Xornada 15. Aquí chegan os destacados e os detalles dos dous encontros disputados a pasada Ponte da Constitución. *Riotorto-Foz: Tódolos goles chegaron dende o punto de penalti, agás o último de Ibán Gayol. Os tres puntos danlle ao Foz o liderado. Segunda derrota consecutiva para o […]

Trío de Ases Preferente (Xornada 17)

Xornada moi reducida no noso fútbol. Á ausencia da Terceira División por mor da disputa da Copa das Rexións UEFA, houbo que añadirlle un elemento extra. Ese que chegou en forma de choiva e vento e se levou por diante a clásica tarde futboleira de domingo. Polvorín, Atlético Escairón e Ribadeo non puideron xogar os […]

Os sobranceiros da Terceira na decimoterceira xornada

Queda unha soa xornada para decidir os oito equipos que estarán no grupo polo ascenso a Segunda Galicia. Quedan dous billetes, para acompañar aos conxuntos xa clasificados: Cervo, Goiriz, Catro Roldas, Corgo, Fonsagrada e O Incio. No Grupo Norte falta por decidir quen será o campión, porén xa temos tres equipos clasificados: Cervo, Goiriz e […]

Destacados Primeira. Xornada 14

Unha semana máis, aquí vos traemos os destacados da xornada de Primeira. E o máis salientable de cada un dos encontros disputados! *Taboada-Santaballés: David Potente foi o home máis decisivo. Ademais, culminou a súa actuación co único gol do encontro. O Santaballés estrellou dous balóns no longueiro, os locais un. *Xove Lago-Sarriana: David Rivas marcou […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 18) e Preferente (Xornada 16)

Non puido comezar mellor a xornada para os nosos representantes lucenses. Pleno de victorias na tarde do sábado. O Polvorín impúxose con comodidade ao Atlético Arteixo. Todos os goles chegaron na primeira metade. Doblete de Denís incluido ante o seu exequipo. Na segunda, o rival quedou cun home menos e o triunfo non perigou. Os […]

Destacados Primeira. Xornada 13

Aquí vos deixamos co sobranceiro de cada encontro desta xornada 13 da Primeira. Tamén cos nosos habituais destacados! *Santaballés-Chantada: Choque moi disputado, no que os dous goles chegaron no primeiro cuarto de hora. O cadro chairego confírmase unha semana máis coma o ‘rei do empate’. Xa levan sete no que vai de competición. *Valadouro-San Roque: […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 17) e Preferente (Xornada 15)

O derbi lucense desta xornada tivo un claro color. O vermello do Castro, que goleou por 6-0 a unha Residencia que cae a postos de descenso. Javi Fraga asinou un hat trick e Iván González un doblete. O Outeiro acompaña aos capitalinos nesa delicada zona. Nova derrota dos de Juan Peón, esta vez no feudo […]

Destacados Primeira. Xornada 12

Estes foron os principais detalles da xornada partido a partido: *Páramo-Santaballés: O cadro chairego sufriu tres expulsións nas postrimerías do encontro. As de Chechu, Chisco e o míster Carlos Alberto Pena. *Xove Lago-Chantada: Doblete decisivo de Juanjo Coello nun encontro no que o Chantada xogou con dez dende o minuto 7 pola expulsión de Alberto. […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 16) e Preferente (Xornada 14)

Grandes novas para os nosos equipos esta xornada. O Polvorín xa está en postos de ascenso despois de golear ao Castro. Os de José Durán xa gañaban por 4-0 no minuto 32. Cuadretti marcou un hat trick e no Castro xogaron os dous porteiros. Javi López cambiou a José Manuel por Yebra no ecuador da […]

Destacados Primeira. Xornada 11

Xornada de gardamallas a número 11. Con máis malas novas que boas. O gran debut de Berni co Foz nada tivo que ver co que pasou na portería contraria. No ecuador da primeira metade, Chumi chocaba con Lucho, nunha acción que semellaba non ir a maiores. Non parecía máis que un bon golpe na mandíbula. […]

Trío de ases Terceira (Xornada 15) e Preferente (Xornada 13)

Só dous equipos lucenses foron quen de gañar nesta xornada. O primeiro deles, o Atlético Escairón. Os de Anxo Valcárcel desfixéronse do Ribadeo despois dun encontro moi serio. Os mariñáns tiveron unha tarde para olvidar. O outro dos nosos conxuntos que venceu, foi o Castro. Desfíxose pola mínima do Estudiantil cos goles de Buide e […]

Destacados Primeira. Xornada 10

Sarriana, Xove Lago e Riotorto siguen ao seu. A gañar e tentar abrir distancia. No entanto, Chantada e Lemos siguen alerta e non os deixan escapar. No peldaño inferior, aparecen San Roque e Monterroso, dispostos a darlle un susto a calquera. Na zona baixa, Ferreira e Xermade ocupan postos de descenso directo. Bóveda e San […]