A cicloxénese explosiva Ana deixounos unha versión reducida desta Xornada 15. Aquí chegan os destacados e os detalles dos dous encontros disputados a pasada Ponte da Constitución.
*Riotorto-Foz: Tódolos goles chegaron dende o punto de penalti, agás o último de Ibán Gayol. Os tres puntos danlle ao Foz o liderado. Segunda derrota consecutiva para o Riotorto de Labrada.
*Taboada-Xermade: Cuarto triunfo seguido dun Taboada á alza. O Xermade plantou cara pero dous goles ao bordo do descanso resultaron decisivos na Medela.