Destacados Primeira. Xornada 10

Sarriana, Xove Lago e Riotorto siguen ao seu. A gañar e tentar abrir distancia. No entanto, Chantada e Lemos siguen alerta e non os deixan escapar. No peldaño inferior, aparecen San Roque e Monterroso, dispostos a darlle un susto a calquera. Na zona baixa, Ferreira e Xermade ocupan postos de descenso directo. Bóveda e San Ciprián, atópanse moi preto desa queima.

Nesta xornada, tivemos varios detalles curiosos. O primeiro sucedeu no Martínez Otero de Foz. Alí catro primos compartiron camisola e campo durante varios minutos. Fornas e Povis (irmáns) coincidiron ao mesmo tempo con Manute e Javi Ramos. Preto de alí, Villi dirixía ao San Ciprián mentres o clube segue a buscar o substituto de Chusky. Por último, en Lugo o San Roque firmou tres puntos extra. Aos da victoria fronte ao Ferreira, houbo que engadirlle os tres que lle coseron a David Capón na cella. O futbolista verdiblanco xogou dende o minuto 15 coa cella aberta. Vendaxe contundente e para adiante! Os héroes do noso fútbol…

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 753

Deja un comentario