Destacados Primeira. Xornada 12

Estes foron os principais detalles da xornada partido a partido:

*Páramo-Santaballés: O cadro chairego sufriu tres expulsións nas postrimerías do encontro. As de Chechu, Chisco e o míster Carlos Alberto Pena.

*Xove Lago-Chantada: Doblete decisivo de Juanjo Coello nun encontro no que o Chantada xogou con dez dende o minuto 7 pola expulsión de Alberto. O Xove Lago é o novo líder.

*Xermade-Valadouro: Primeira victoria ligueira do colista da competición. Iñaki xa non estivo co Valadouro despois de mudarse ao Celta Barreiros.

*Foz-Sarriana:  Golazo por toda a escadra de Gonzalo para aupar un Foz á alza.

*Pastoricense-Lemos: Nun encontro cheo de erros, o Pastoricense rendiu unha emotiva homenaxe ao falecido Xosé. A súa camisola co número 23 estivo presente, así coma os brazales negros e o seu minuto de silencio.

*Bóveda-Ferreira: Derbi de guante limpo e valioso punto para o Ferreira. Sergio Cabanelas non entrou na convocatoria do Bóveda

*Pontenova-Monterroso A: Juan Bautista xogou os 90 minutos no día do seu debut co Monterroso. Os dous goles locais chegaron a balón parado.

*Taboada-San Ciprián: Tomás Costa debutou á fronte do cadro mariñán. O outro Costa, Pablo, rematou expulsado.

*San Roque-Riotorto: O cadro de Labrada deixouse o liderado en Montirón. O meta local Carlos foi titular ante o seu exequipo.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

Deja un comentario