Destacados Primeira. Xornada 14

Unha semana máis, aquí vos traemos os destacados da xornada de Primeira. E o máis salientable de cada un dos encontros disputados!

*Taboada-Santaballés: David Potente foi o home máis decisivo. Ademais, culminou a súa actuación co único gol do encontro. O Santaballés estrellou dous balóns no longueiro, os locais un.

*Xove Lago-Sarriana: David Rivas marcou o único gol a quince minutos para o final, en medio dunha gran segunda metade do Xove Lago. Os mariñáns recuperan o liderado.

*Sporting Pontenova-Ferreira: Doblete de Adrián Pasarín para unha Pontenova que colle aire co triunfo ante un rival directo pola permanencia.

*Xermade-O Páramo: O tándem Fontal-Engroba debutou con victoria nun partido trascendental para o Páramo, e que afunde un pouco máis ao Xermade. Os goles chegaron na segunda metade.

*Bóveda-Riotorto: O Bóveda deixou ao Riotorto sen liderado nun exercicio de entrega e sacrificio encomiable. Cabanelas convocou ao seu fillo, que finalmente non tivo minutos.

*Foz-Lemos: A efectividade focense tumbou a un bon Lemos no Martínez Otero. Manolito abriu a lata cun auténtico golazo. O porteiro Bruzos xogou o seu primeiro partido da tempada tras superar a súa lesión de menisco.

*Pastoricense-Valadouro: Duelo disputado no que Farra marcou ao bordo do descanso e Luis Varela igualou nada máis comezar a segunda metade.

*Chantada-Monterroso: O cadro do Sangoñedo métese en zona de ascenso tras levarse o derbi no tramo final de encontro. Anxo marcou os dous goles do Chantada e Cañón, rematou expulsado no Monterroso. A mala nova estivo na portería visitante, coa rotura dun metacarpiano do meta Chumi, que xa foi operado onte satisfactoriamente.

*San Roque-San Ciprián: O San Ciprián adelantouse en Montirón porén o San Roque empatou antes do descanso.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

Deja un comentario