O partido da xornada . . . dúas finais para baixar o pano desta temporada

Este domingo porase o broche a esta temporada 2018/2019 no fútbol lucense. O esceario é o idóneo: A Madalena, onde se viviron moitos dos momentos máis apaixoantes desta campaña, e onde o Racing fixo historia disputando dúas eliminatorias de playoff. Pero desta vez, non xogarán os de Gilsanz, senón que se disputarán dúas finais, a […]

A temporada do Burela e o deber cumprido

Para os que coñecen a historia do Burela facíaselles raro ver ao equipo na Segunda Rexional, despois do descenso do curso pasado. Dende o comezo do verán o cadro da Marosa víase como o gran referente da categoría e nel estaban postas as expectativas máis altas. Aínda que este papel ás veces non é fácil […]

O partido da xornada . . . S.D. Burela – C.D. Brollón: a gran final xógase no Anxo Carro

Domingo ás 18:30 horas no Anxo Carro. Esceario de luxo para a final da Copa Jorge Tato de equipos de Segunda e Terceira Rexional entre S.D. Burela e C.D. Brollón. Dous equipos con traxectorias distintas nesta Copa Deputación, pero que chegan á gran final coas mesmas gañas de levantalo trofeo. A S.D. Burela logo de […]

Os onces das semifinais da Copa na Segunda e na Terceira

A Copa Jorge Tato xa ten finalistas nas categorías máis baixas do fútbol sénior lucense. Burela e Brollón loitarán polo título o vindeiro domingo no Anxo Carro despois de eliminar en cadansúa tanda de penaltis a Fonsagrada e Chantada Atlético. Deste xeito, a Terceira queda sen representantes na Copa e será un equipo ascendido a […]

O gran éxito da SD Ribadeo

Cando as cousas se fan ben, os resultados aparecen. Unhas veces tardan máis, ou hai que pasar por desilusións para acadalos, pero sempre se chega á satisfacción final. E senón, que llo pregunten á SD Ribadeo, que vén de proclamarse campión de copa en idade infantil e xuvenil.

Os onces dos cuartos da Copa na Segunda e na Terceira

Sempre hai alguén a quen a Copa non deixa indiferente. Nas semifinais do torneo que este ano homenaxea a Jorge Tato meteuse o Fonsagrada logo de eliminar ao todopoderoso Pol. No paso previo á final, verase as caras co Burela, o outro equipo do grupo norte que ascendeu este curso á Primeira. Na zona sur, […]

Os onces dos oitavos da Copa na Segunda e na Terceira

Oito equipos sobreviven na Copa despois de xogarse os oitavos de final a pasada fin de semana. Mantéñense tres dos catro equipos que subiron este curso á Primeira Galicia e dous que ascenden á Segunda. Os cuartos deixan un derbi na zona da Mariña. No zona norte, o Cervo superou o Matela, despois de remontar […]

Os onces da 2ª rolda da Copa na Segunda e na Terceira

O torneo por excelencia da primavera na provincia xa entra na fase dos oitavos de final, despois dunha segunda rolda que non volveu deixar indiferente a ninguén. Sorpresas, tandas de penaltis e protagonistas que permiten a 16 equipos do fútbol máis afeccionado seguir soñando unha semana máis con chegar a final e que quedan recollidos no […]

A 35ª edición da Copa ten emparellamentos confirmados

  Achégase o final da temporada regular no fútbol lucense, pero iso non significa que a campaña remate. Unha vez máis ao finalizar a liga, o fútbol afeccionado da provincia desputará a Copa que vai xa pola súa trixésimo quinta edición. Os emparellamentos presentáronse este sábado na Deputación de Lugo coa novidade de que este […]