O gran éxito da SD Ribadeo

Cando as cousas se fan ben, os resultados aparecen. Unhas veces tardan máis, ou hai que pasar por desilusións para acadalos, pero sempre se chega á satisfacción final. E senón, que llo pregunten á SD Ribadeo, que vén de proclamarse campión de copa en idade infantil e xuvenil.

Os mariñanos conseguiron sendos títulos ante a SDC Residencia -equipo que a priori era o favorito-, no campo da Mina, na Pontenova. Os infantís gañaron aos penaltis nun partido moi igualado de principio a fin que decicidiu a calidade individual, mentres que os xuvenís conseguiron a victoria nos últimos intres dos 90 minutos reglamentarios.

Sen dúbida, as victorias supuxeron una enorme ledicia para os celestes, que puideron ver reflectido nun trofeo o traballo realizado ao longo de toda a temporada, e á vez unha inxección de moral de cara a afrontar novos retos nas sucesivas campañas.

Futbolinlugo quixo facer eco destes éxitos, e mantivo unhas breves conversacións cos adestradores de ambos equipos: Salvador Fernández, do equipo xuvenil, e Roberto, dos infantís. Velaquí as entrevistas!

FUTBOLINLUGO: Antes de nada, agardabades a victoria na copa?

SALVADOR: Era complicado, o único que intentamos esta temporada foi inculcar a ansia competitiva. Na primeira fase de grupos quedamos colíderes co Porto Burela, pero na fase polo ascenso non nos foi tan ben. Xa na copa, conseguimos ganala. O obxectivo era chegar o máis arriba posible, foi un éxito conseguir o que conseguimos.

 

FIL: Imaxinamos que a victoria supoñería unha gran alegría e unha inxección de moral para os teus…

S: Por suposto. Ves que o traballo que se fai durante toda a temporada está recompensado, e axuda moito a crer no que estás facendo.

 

FIL: Facendo balance, qué destacarías da temporada?

S: O compromiso e o traballo de todos. Dos rapaces, da directiva da SD Ribadeo, o meu delegado Juan Valle… ao final o traballo é o que leva ao éxito.

 

FIL: Cales serán os obxectivos do equipo xuvenil o ano que vén?

S: Continuar na mesma liña, a formación dos xogadores. Eu considero que a formación é moi importante, pero dentro desa formación é clave a ambición competitiva. É obvio que a formación e fundamental, pero nunha categoría como xuvenil, non te podes quedar tan só con ela, tes que buscar esa ansia competitiva, ansia de avanzar e progresar.

Ata aquí as verbas do preparador dos xuvenís. Agora, as declaracións de Roberto!

O porteiro mariñano foi o heroe na tanda de penaltis.

FUTBOLINLUGO: Como vos sentides tras o triunfo acadado?

ROBERTO: Están moi contentos, ainda que xa se fixera unha gran tempada ó estar loitando pola fase de ascenso ata a derradeira xornada o gañar a final da copa e encima contra un equipo como a Residencia A, deixounos con moi bo sabor de boca.

 

FIL: Gañar a copa era un obxectivo fixado a comezos de temporada?

R: Non nos marcamos ningun obxectivo este ano, pero si sabíamos que tiñamos opcións de conseguilo e pechar da mellor maneira posible a temporada.

 

FIL: Que destacarías da temporada?

R: Como digo sempre o que destaco deste equipo é a unión e a humildade coa que traballan. Este ano tivemos moitas baixas importantes por lesións e outros problemas, e todos e cada un deron a cara para estar pelexar ata o final. Son un grupo de rapaces increíble.

 

FIL: Pensas que estes rapaces poden conseguir cousas grandes -como un ascenso- na SD Ribadeo?

R: Sen ningunha duda que si, esta é unha boa xeracion de rapaces, con ganas de aprender e que lles gusta moito este deporte, se seguen traballando asi estou seguro de que nestes próximos anos lograrán algún ascenso.

 

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario