O fútbol lucense tamén se uniu ao ‘Reto José María García’

A última semana houbo que escoitar cousas desagradables. Por sorte, aínda queda quen saca partido ata dos aspectos máis negativos. E tamén contamos nesta sección como reina a deportividade e o bo exemplo no fútbol de sempre. Ademais o balompé nunca perde a súa cara solidaria. Boa noite e saúdos cordiais! “Si es que el […]

As nosas guerreiras da fin de semana

Como todos os xoves, hoxe traemos a sección semanal de fútbol feminino. As nosas rapazas, domingo tras domingo, compiten por deixar o nome dos seus clubes e da provincia o máis alto posible.

As nosas guerreiras da fin de semana

Con todas as competicións femininas comezadas, retomamos unha das seccións máis importantes da nosa web, na que facemos un breve resumo do que foi a xornada para as nosas futbolistas e, como novidade, introducimos ás xogadoras máis destacadas de cada choque!

Diario dun mercado. Episodio 123

A case un mes para o comezo de liga en Terceira, o Racing Vilalbés segue a apuntalar a súa plantilla. O conxunto chairego asinou ao centrocampista Javi Sandá, procedente do Laracha. Tan só un chanzo máis abaixo, a Sarriana fíxose cos servizos dos irmáns Keko e Jacobo Vilariño, ámbolos dous saídos da canteira do C.D. […]

Diario dun mercado. Episodio 119

Xa coa data de comezo prevista en Terceira e Preferente, continúa a posta a punto dos nosos equipos. Na Preferente o protagonista é o C.D. Foz, que pechou dúas novas incorporacións. Andrés Bustelo, procedente do Xove Lago, reforzará o centro do campo do conxunto de Gayol, mentras que Manolo retorna ao Martínez Otero logo dunha […]

Diario dun mercado. Episodio 114

Na Preferente comezan a poñerse en serio e os lucenses da categoría son xa claros protagonistas do mercado. O Foz renovou a Jacob, Cayón, Eijo e Dani Chao. Ademais incorporou ao primeiro equipo aos xuvenís Jorge Méndez e Álex Carreiras. E confirmou as dúas primeiras incorporacións. Álex Paz, ex do Viveiro ou do Xove Lago, […]

Diario dun mercado. Episodio 112

Xa metidos de cheo no mes de xullo, o mercado segue collendo forza no noso fútbol. Comezamos cun dos nosos que xa fai tempo que traspasou as fronteiras da provincia. O vilalbés Kiko, deixa o Rápido de Bouzas para seguir na Segunda B, desta volta no fútbol extremeño nas filas do Don Benito. Antes de […]

As nosas redes falan

O PM Friol CD Lugo tivo o recoñecemento no Anxo Carro O Friol conseguiu o obxectivo marcado ao inicio de temporada. Ser terceiras e clasificarse, cando menos a nivel deportivo, para ascender á nova 1ªB. Antes do inicio do partido da Segunda División entre o Lugo e o Granada, as xogadoras adestradas por Josito Jul […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

Sí, queridos amigos e amigas, fixeron historia. Non temos máis que palabras de agradecemento e satisfacción para as rapazas do PM Friol CD Lugo, que son novo equipo da Primeira División B -unha categoría de nova creación de cara a campaña 2019/2020-, tras quedar terceiras clasificadas no seu grupo da Segunda División, sendo somentes superadas […]

As nosas redes falan

A estrea dun lucense na Segunda Divisón O xogador do Polvorín, Álex Rey formou parte da convocatoria do Club Deportivo Lugo por segunda xornada consecutiva. Co partido controlado, o adestrador Monteagudo deulle a oportunidade o mediocentro lucense. Entrou no último cuarto de hora e xogou os seus primeiros minutos na Segunda División no Arcángel. O […]

O partido da xornada . . . C.D. Guntín – A.D. Bóveda: un ascenso marcado por pequenos detalles

Tan só tres xornadas restan para que se baixe o pano da temporada en Segunda Autonómica. Mentras no grupo Norte, Folgueiro, Lourenzá, Guitiriz e tamén Roupar, aínda que con escasas opcións, se xogan os dous postos de ascenso, no grupo Sur ata seis equipos teñen opcións matemáticas: San Roque, Palas, Guntín, Bóveda, Oural e San Lázaro, cos catro primeiros clasificados en tan só dous puntos. Precisamente, os […]

As nosas redes falan

O regreso dun histórico Un histórico do fútbol lucense e galego ascende de categoría. O novo proxecto iniciado polo Lemos hai dúas temporadas ve cumprido un dos seus principais obxectivos. Despois de pelexar a temporada pasada, este curso case que non soltou o liderado. Dominou por completo unha categoría e consigue o ascenso a cinco […]

As nosas redes falan

Roubos en campos de fútbol da Primeira Rexional Ladróns sería un título moi alto para designar a alguén que se debe aburrir moito para saquear un campo do fútbol modesto. A semana pasada entraron nos campos do Acebreiro (A Pastoriza), A Mina (Pontenova) e o Manuel Luna (Pol). Na fin de semana foron os campos […]

As nosas redes falan

Abrimos con goles marcados nos últimos días na Preferente e coas historias que hai detrás de cada un deles: Chumi e Bossa. Ademais salientamos os resultados de dous equipos do fut fem que destacaron esta semana e que tiveron o seu protagonismo nas redes sociais: Friol B e Carballedo. Por último, rescatamos a unha desas […]

As nosas redes falan

Os derbis teñen un papel importante no noso fútbol; pouco ou nada hai mellor ca facer o que che gusta e enfrontarte aos teus coñecidos, veciños ou amigos e poder meterte un pouco con eles no caso de gañarlles. No campo é un conto, fóra del é outra historia, pero a deportividade debe reinar sempre. […]

As nosas redes falan

No noso fútbol os clubs non son alleos á realidade social que hai ao seu redor. Así o acreditou esta fin de semana o Portomarín nunha mensaxe de apoio antes de comezar o partido ante o Corgo no Chao da Poza. Ademais o Carballedo repite protagonismo nesta sección e vemos como aproveitan os equipos os […]