A temporada do Burela e o deber cumprido

Para os que coñecen a historia do Burela facíaselles raro ver ao equipo na Segunda Rexional, despois do descenso do curso pasado. Dende o comezo do verán o cadro da Marosa víase como o gran referente da categoría e nel estaban postas as expectativas máis altas. Aínda que este papel ás veces non é fácil […]

O partido da xornada . . . S.D. Burela – C.D. Brollón: a gran final xógase no Anxo Carro

Domingo ás 18:30 horas no Anxo Carro. Esceario de luxo para a final da Copa Jorge Tato de equipos de Segunda e Terceira Rexional entre S.D. Burela e C.D. Brollón. Dous equipos con traxectorias distintas nesta Copa Deputación, pero que chegan á gran final coas mesmas gañas de levantalo trofeo. A S.D. Burela logo de […]

Os onces das semifinais da Copa na Segunda e na Terceira

A Copa Jorge Tato xa ten finalistas nas categorías máis baixas do fútbol sénior lucense. Burela e Brollón loitarán polo título o vindeiro domingo no Anxo Carro despois de eliminar en cadansúa tanda de penaltis a Fonsagrada e Chantada Atlético. Deste xeito, a Terceira queda sen representantes na Copa e será un equipo ascendido a […]

O partido da xornada . . . dous derbis que deciden a permanencia en Preferente

Coas restantes categorías do noso fútbol xa embarcadas na disputa da Copa Deputación, a Preferente tamén baixa o pano este fin de semana. Cinco conxuntos xa non poñen en xogo máis que a honra de logralos tres puntos. O Polvorín xa co ascenso no peto, Ribadeo e Castro sen opcións de ascenso e Escairón e  […]

O partido da xornada . . . C.F. Riotorto – S.D. Sarriana: o ascenso en xogo na Veiga

O domingo ás 16:15 a Veiga recibe a un dos grandes favoritos ao ascenso de categoría, a S.D. Sarriana. Un equipo recén descendido da Preferente, que é terceiro na clasificación a un punto dos postos de ascenso e cun partido menos. Pero o anfitrión é o C.F. Riotorto. Os locales son os inquilinos do segundo […]

Diario dun mercado. Episodio 44

Nesta semana son moitos os equipos que están volvendo a vestirse coa roupa dos adestramentos xa que comezan a preparar a nova temporada. Non obstante, o cadro de futbolistas aínda non está pechado en moitos deles e os clubs seguen acudindo ao mercado. Na Preferente Norte, o Escairón fichou ao dianteiro Ibrahima Ndiaye «Ibou» que xa […]

Diario dun mercado. Episodio 27

O mercado provincial non baixa en intensidade. Na Terceira División o Racing Vilalbés anunciou a súa primeira fichaxe. Alberto Lamas «Make» regresa ao conxunto chairego despois de xogar a última temporada na SD Compostela. O mediocentro de Árbol participou en 33 partidos co conxunto santiagués, dos cales foi titular en 22. Agora, reforza ao equipo […]

Diario dun mercado. Episodio 19

O noso fútbol quedou un pouco máis orfo a noite do venres. Minarzique deixounos moi pronto, aos 21 anos. Esa temible e odiosa enfermidade puido con él. Descanse en paz. Dende aquí, mandámoslle un abrazo moi forte ás familias do Valadouro e do Burela, onde se formou. Esa mesma noite o Castro anunciou dúas renovacións […]

Diario dun Mercado. Episodio 10

O Ribadeo é un dos equipos que máis se está adiantando neste mercado aínda primaveral coa intención de pechar canto antes o cadro de xogadores.Ás renovacións xa coñecidas e ás tres fichaxes, sumáselles agora a continuidade de Martín Traba por unha temporada máis. Sen marchar da Mariña, hai novidades no Valadouro da Primeira Galicia que […]

As notas da Segunda nas semifinais da Copa

Este vindeiro domingo o Anxo Carro será o escenario das finais da copa feminina que desputarán entre o Friol e o Antas (17:30h) e a final da Copa masculina da Segunda e da Terceira entre o Pontenova e o Friol (19:30h). Antes facemos un repaso do máis destacado das semfinais nas nosas notas. O ás: […]

Diario dun mercado. Episodio 9

Na Mariña máis oriental continúan coa renovación de xogadores importantes. O arxentino Mauro Poratti, que formou en varias xornadas parte do noso once ideal, renovou polo Ribadeo. Un máis que se suma a un cadro de xogadores que contará con Cube, Marcos Peña, Criss, Rafa Casanova, Yoel, Iván, Luki, Juanm, Parapar, Jacob e as fichaxes […]

As notas da Segunda e Terceira nos cuartos da Copa

Xa só quedan catro equipos na competición. Esta próxima fin de semana xogaranse por así dicilo as finais territoriais, a do norte e a do sur, ou o que veñen sendo as semifinais para decidir quen optará polo título no último partido. Sporting Pontenova – Lourenzá será a semifinal do norte, mentras que Brollón – Friol […]

Así está o fútbol provincial: arrastres e compañía

O fútbol afeccionado lucense entra no seu tramo definitivo de competición e os nosos equipos xóganse moito nestes últimos encontros. Na Terceira División só quedan catro xornadas para rematalo campionato con Vilalbés e Castro loitando por obxectivos moi distintos. No resto de categorías esta fin de semana volve a competición coas últimas seis xornadas da […]