#Fútbol afeccionado

Sesión Plenario 14: Oskarinho Docampo – Nuria Louzao

A décimo cuarta Sesión Plenario deixou un cruce entre a A Mariña e A Ulloa. Na última Sesión da Primeira Fase xogaron o directivo do LourenzáOskarinho Docampo xogou coa futbolista da SD Antas, Nuria Louzao.

A capitá do conxunto do Castro Seoane representou ao seu club. Debido á que o Antas está nunha liga autonómica, a primeira quenda nas preguntas foi para o Oskarinho que evidentemente representou ao seu ‘Atleti’ da Primeira Rexional.

emoción mantívose ata o final da Sesión. Ambos chegaron con opcións a última rolda de preguntas.

De novo,  o humor e os coñecementos foron protagonistas. Falamos da relación do Cazás co AC Milan e do Incio coa Abella Maia.



As equipacións do CD Castro ou o día de nacemento dos irmáns Varela do Racing Villalbés tamén tiveron a súa mención.

Un mítico estadio da provincia comparte nome cunha multinacional catalá líder de porcelana sanitaria e buscámoslle relación ao cantante Antonio Molina coa Pontenova.

Nesta Sesión tivo un peso importante, a futbolista lucense da Primeira División, Lucía Pardo. A futbolista de Outeiro triunfo no Madrid CFF e na selección española sub – 23.



Nas preguntas desta semana houbo aparición de dous futbolistas da Primeira Rexional: Maikel Pérez Río do Xove Lago e Diego Poyán do Taboada.

Dúas prazas de oitavos en xogo na repesca:

Con esta Sesión, Futbolinlugo completa o cadro de 28 participantes desta primeira edición. Xa hai catorce concursantes clasificados para os oitavos de final. Nas próximas semanas uniránselle dous máis.

Dous xogadores accederán aos oitavos de final mediante a repesca. Teñen opción a xogala os catro que perderon as primeiras eliminatorias.

Lourido é un dos concursantes que aínda ten opción de xogar os oitavos de final

Concursantes na repesca (xogaranse dúas prazas para os oitavos de final):

1. Lourido, xogador do Meira



2. Víctor Valiño, futbolista do Relámpago Taboada

3. Sotogol, xogador do Celta Barreiros

4. Samu López, futbolista do Racing Villalbés B

Esta sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.

O redactor Iván Calaza foi o encargado de presentar esta décimo cuarta Sesión Plenario que contou tamén coa presenza do propio Plenario Veiga.

A Mariña e a Terra Chá: o desempate?

Entre os catorce concursantes que accederon de rolda nesta primeira fase, unha boa porcentaxe pertence as comarcas da Mariña e da Terra Chá. Á espera de vexades a resolución da eliminatoria Oskarinho – Nuria, catro participantes de cadansúa destas comarcas está nos oitavos de final.

Por unha banda, o dianteiro Kiños do Folgueiro, o delegado Manu e a afeccionada Noelia do Burela e atacante Antón Teijeira do Iberia. E pola outra, Isaac Rouco do Riotorto, TuchoLuis Romay do Cospeito e Esteban Carracedo do Catro Roldas.

Andrés Rodríguez (míster da Comercial) deixou quedar ben á capital. Pola súa banda, David Rodríguez (ex árbitro) e o Chapu (presidente do Portomarín) colocaron a Portomarín nos oitavos de final.

O presidente da SD Antas, Koeman e o chantadino Juan Rodríguez (2º adestrador do Racing Villalbés) completan o cadro.

Nuria participou no Sesión Plenario 14

O momento do Lourenzá e do Antas:

No inicio desta Sesión aproveitamos para falar con Oskarinho e Nuria sobre os seus respectivos equipos. A capitá da SD Antas recoñeceu que o equipo trata de sobrevivir nunha campaña moi difícil.

Acutalmente, o cadro da Ulloa ocupa a última posición na clasificación da Primeira Galega. «Este ano toca sufrir porque somos pouquiñas rapazas», apuntou Nuria.

«A ver se damos aguantado acabar a tempada. Probablemente baixando pero imos intentar volver a subir coas nenas que veñen de abaixo«, falaba con esperanza a futbolista.

A actualidade do Antas e do resto de equipos do fútbol feminino lucense pode seguirse cada semana na nosa sección ‘Con F de Futbolista’.

Pola súa parte, Oskarinho confía en remontar a xeira negativa de resultados que acumula o Lourenzá. Non obstante, esta fin de semana volveron sumar. Conseguiron un punto no campo do Pol.

«Estamos tendo bastantes baixas neste inicio de segunda volta e os resultados non están sendo moi bos», comentaba Oskarinho (antes de xogar co Pol). Con todo era claro nas súas esperanzas: «Confiamos plenamente nos rapaces e que salven a temporada mantendo a categoría».

A actualidade do Lourenzá e de todos os conxuntos da Primeira Rexional lucense pode seguirse semanalmente na sección ‘Os máxicos da xornada’.

Sesión Plenario 14: Oskarinho Docampo – Nuria Louzao

A Porra de Futbolinlugo, 21

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *