#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Terceira RFEF

Sesión Plenario 13: Jairo Campo – Juan Rodríguez

A décimo terceira Sesión Plenario deixou un novo cruce entre a Terra Chá e A Mariña, con parada obrigatoria en Chantada. O presidente e xogador do Burela Jairo Campo (o Piterman lucense) mediu forzas co segundo adestrador do Racing Villalbés, Juan Rodríguez. Un xa clásico dos bancos, natural da terra do Asma.

A eliminatoria non se decidiu ata a última rolda de preguntas, polo que a emoción está garantida durante todo este capítulo. Falamos da actualidade, de fútbol feminino, o noso tradicional verdadeiro ou falso, onces históricos e nomes de campos… Un mix ben completo, que non vos vai defraudar.

As Inscricións Seguen Abertas En Sesión Plenario

As inscricións en Sesión Plenario aínda están abertas, faltan dous concursantes por apuntarse para completar o cadro desta primeira edición. Quen estea interesado debe mandar un correo a futbolinlugo@gmail.com co asunto SESIÓN PLENARIO.

Por Sesión Plenario pasaron xa xogadores, integrantes de corpo técnico, directivos e afeccionados. Polo momento xa hai trece clasificados para a seguinte rolda do espazo que entretén e difunde o fútbol da provincia. 



Teremos segunda derrota seguida da MARIÑA?

A pasada semana Javi Chinchón caía con Esteban Carracedo. Que pasará esta semana con Jairo de Burela? Seguirá os pasos triunfais dos Kiños (Folgueiro), Manu (Burela) ou Antón Teijeira (Iberia) ou caerá nesta rolda ante Juan Rodríguez?

Jairo Campo, o todoterreo do Burela

Recordamos tamén que contamos con gañadores de todos os recunchos da provincia. Isaac Rouco, Tucho e Luis Romay representan á Terra Chá. Andrés Rodríguez (míster da Comercial) deixou quedar ben á capital. Pola súa banda, David Rodríguez e o Chapu colocaron a Portomarín nos oitavos de final. Ademais de representar por todo o alto ao mundo da arbitraxe e das directivas, respectivamente.

Ás directivas tamén as deixa en bo lugar Koeman. O ex futbolista da Ulloa e presidente do Antas está clasificado para a seguinte eliminatoria.



Concursantes na repesca (xogaranse dúas prazas para os oitavos de final):

1. Lourido, xogador do Meira

2. Víctor Valiño, futbolista do Relámpago Taboada

3. Sotogol, xogador do Celta Barreiros

4. Samu López, futbolista do Racing Villalbés B



Juan Rodríguez, na súa etapa no Santaballés

Esta sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.

O redactor Diego Díaz foi o encargado de presentar esta décimo terceira Sesión Plenario que contou tamén coa presenza do propio Plenario Veiga.

Sesión Plenario 13: Jairo Campo – Juan Rodríguez

O Matela estrea o seu casilleiro de

Sesión Plenario 13: Jairo Campo – Juan Rodríguez

O Viveiro gaña o derbi provincial na

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *