A Segunda abre e pecha con derbis

O fútbol lucense estábao agardando e xa está aquí. A Segunda Galicia bota a andar a segunda fin de semana de setembro (9 e 10) e os equipos xa teñen a súa disposición a folla de ruta a seguir durante a fase regular do campionato. Os dous primeiros de cada grupo lograrán o ascenso á Primeira Galicia.

No grupo norte a primeira xornada xa chega cun derbi, o duelo xermadino que disputarán o Roupar e o Cabreiros. Repetirase, deste xeito, a final da Copa Xermade que hai uns días xogaron os mesmos equipos con vitoria para o Cabreiros por 2-3. Neste primeiro día tamén haberá un enfrontamento entre dous equipos recén ascendidos, o Matela, que subiu na fase de ascenso ao eliminar o Goiriz e o Ourol, que conseguiu o ascenso pola vía rápida. Ademais o Alfoz – Lourenzá ou o Abadín – Cospeito tamén son choques destacados pola proximidade.

Un dos favoritos o ascenso pola súa condición de equipo descendido, o Burela, recibe o Iberia

Na xornada 8 (última fin de semana de outubro) xogarase outro partido de proximidade, o Pol – Meira. Outra cita interesante chega na xornada 12 (última fin de semana de novembro) coa disputa do Ourol – Folgueiro. Na mesma xornada xogarase o Burela – Candelaria. E para o que, quizais, sexa o partido máis especial do grupo, teremos que agardar a última xornada. O Lourenzá – Mondoñedo xogarase a primeira fin de semana do ano, e a volta o 28 de abril coincidindo co remate da competición.

Descarga o calendario completo do grupo norte no seguinte enlace: calendario_segunda_autonomica_norte

No grupo sur a primeira cita tamén trae tres derbis de altura. Non hai que agardar nada para vivir o duelo chantadino porque o Chantada Atlético – Chantada B abrirá a liga. No concello que lle da nome a capital da provincia enfrontaranse o Santa Comba e a Milagrosa. E na comarca da Ulloa, o Antas recibe ao Palas. Pola súa banda, o Brollón, que estivo na pelexa por subir de categoría a anterior campaña, abre o campionato ante o Sporting Lucense.

Xogar sábado ou domingo habitualmente depende do que diga o equipo local que escolle día e adóitase respetar

Na segunda xornada volverá haber outro derbi na capital, o Milagrosa – Sporting Lucense. Tamén se enfrontarán dous dos equipos recén ascendidos, o Castroverde e o Portomarín. Na xornada 11 (a fin de semana do 19 de novembro) enfrontaranse o Sporting Lucense e o San Lázaro. Na seguinte (coincidindo coa última de novembro) chega outro derbi na Ulloa, o Palas co Monterroso B. Na primeira cita de decembro o Santa Comba citarase co San Lázaro e na seguinte a Milagrosa faráo co San Lázaro tamén. Nese mesmo día, o 16 de decembro haberá tamén derbi entre o Antas e o Monterroso B. Para a última quedan o Santa Comba – Sporting Lucense e o Palas – Brollón, os dous conxuntos que estiveron máis preto de coller a segunda praza de ascenso o curso pasado.

Descarga o calendario completo da Segunda Galicia sur no seguinte enlace: calendario_segunda_autonomica_sur

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 550

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.