#Alevíns #Benxamíns #Cadetes #Feminino #Fútbol afeccionado #Fútbol Base #Infantís #Palabra de #Prebenxamíns #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF #Veteráns #Xuvenís

Palabra de… Santi Real: «Na procura dunha solución»

A última fin de semana de agosto sempre foi tempo de expectación nos campos de fútbol. Clubes que buscaban boas sensacións para afrontar os seus obxectivos, futbolistas con gañas de impresionar aos seus técnicos, outros que trataban de ocultar a desfeita da noite do sábado no céspede, seareiros que continuaban a festa na cantina, etc.

Todos nós estamos desexando que volva o fútbol, volver a gozar co balón ou na lama, re-atoparnos con compañeiros e amigos, vivir con intensidade os adestramentos e os noventa minutos do domingo, pasar un bo terceiro tempo para celebrar ou afogar as penas… pero as cousas non van ser iguais nesta 20/21.

Este ano, ben o sabemos, será diferente. E, cando as cousas cambian, hai que mudar tamén os hábitos. Por iso, invito a todos os lectores e lectoras deste artigo a interactuaren connosco sobre o debate que será aberto en apenas unhas liñas. Previamente, gustaríame agradecer a todos os habituais da nosa web por seguir ao pé do cañón día tras día, pese a que non teñamos un partido do que falar desde fai máis de seis meses.

Estamos a vivir unha desgraciada situación sanitaria que xa nos fixo sufrir moito, pero aínda nos vai dar moita guerra. Porén, nas últimas semanas, semella que a Covid-19 pasou de ser unha inimiga común a ser unha arma política, o xogo da pataca quente que ninguén quere tocar por se queima. Este feito é aplicable aos diversos ámbitos da nosa vida, pero estamos aquí para falar de fútbol.



Nas últimas datas, as distintas federacións están a publicar novas e protocolos para volta as competicións deportivas “non-profesionais”, pero realmente non se concreta nada. Falabámolo fai pouco tempo co presidente dun clube lucense, quen dicía que a situación é insoportable: “o luns dinme que teño que empezar a traballar, o mércores que pare, o luns seguinte que volva empezar e, 24 horas despois, que volva parar”. É evidente que ninguén quere tomar decisións definitivas porque estamos ante un tema moi delicado, pero eu penso que vai sendo hora de que se concrete que vai pasar coa temporada 2020/2021, para ben ou para mal.

Por iso, abro debate entre todos aqueles que queira participar (obviamente, respetando os distintos puntos de vista), aceptando así calquera resposta que poda ser útil para resolver o problema que se cerne sobre o fútbol “amateur” e “non-profesional”. Que decisión habería que tomar con respecto ao deporte que todos nós amamos?



Competir como calquera outro ano, pero con responsabilidade. Os futbolistas deben seguir os protocolos e facer auto-test para evitar contaxios.

Suspender a temporada 20/21.

Aprazar o inicio de todas as competicións até que a situación epidemiolóxica estea máis estable.

Que tan só se disputen as competicións “non-profesionais” nas que hai xente que vive do fútbol: Segunda “B”, Terceira, Liga Iberdrola, Reto Iberdrola, etc., e suspender o resto.

Comezar o antes posible as competicións do estilo Terceira División e Reto Iberdrola e comezar en xaneiro as de índole autonómica.

Facer grupos moi reducidos para poder concluír todas as competicións no caso de que haxa paróns obrigados polos rebrotes.

Xogar igual que outros anos: o contaxio é inevitable pero hai que vivir con el.

Outra opción que teñan pensada os nosos seguidores.

Queda así aberto o debate. Se cadra, algún de vós ten a “pócima máxica” no seu cerebro e, compartíndoa con nós, chega as distintas federacións!

Palabra de… Santi Real: «Na procura dunha solución»

Diario dun mercado. Episodio 190

Palabra de… Santi Real: «Na procura dunha solución»

Diario dun mercado. Episodio 191

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *