Martes. Día de Amor a dous toques. Esta semana falaremos de cabeza, da importancia da psicoloxía no fútbol. Máis aínda nos tempos que corren, agora que empezamos a ver a luz ao final do túnel. Así que alá se foi Manu Amor, a falar con dous psicólogos deportivos. En clave lucense: Iván Pico, responsable do fútbol sala de Lugo para a Real Federación Galega de Fútbol. Por parte ourensá: Christian Fernández. Entre outros, psicólogo do Envialia Ourense e Ourense CF.