Palabra de… Armental: «Agora xoga calquera»

Curtido en mil batallas, apórtanos a súa visión particular do fútbol actual

Antes loitábase por entrar na convocatoria e polo posto, agora xoga calquera

Antes de nada, quero agradecer a Futbolinlugo a oportunidade de dar o meu punto de vista sobre o noso fútbol, o fútbol ó que eu chamo o de verdade’. Darvos tamén a noraboa polo voso traballo e por achegarnos a información en calidade e cantidade das nosas ligas e dos nosos equipos.

Armental, sentado no banquiño. MARILUZ FAGÍN

Esta é a miña primeira temporada como adestrador trala formación recibida na Escola Galega de Adestradores (Uefa B, A, PRO e adestrador porteiros). E despois de pasar neste mundo do fútbol por xogador, directivo, colexiado e seareiro; observo que na zona sur algo pasa en canto o número de xogadores que temos por conxunto. 

Na miña época de xuvenil recordo unha Liga provincial  na que equipos da zona sur como Brollón, Rubián, Arenas, Calasancio, Escairón e Ferreira, entre outros; tiñan equipo de xuvenís. Estes equipos estaban feitos por un número abundante de rapaces do pobo que tiñamos que loitar. Primeiro por facerse un sitio na convocatoria, logo no equipo. E ademais soñar con ir a xogar co primeiro equipo.

Os equipos senior estaban formados por abundantes xogadores do pobo con míticos capitáns, que eran verdadeiros exemplos do que significaba vestir a camiseta do pobo. No meu caso tuven dous grandes no Ferreira CF (Pepe e Diego Quiroga ‘Zizú’). Daquela, entrar nos equipos non era doado, e había que adestrar moito e ben para estar aí.

Co paso dos anos foron desaparecendo. Primeiro os equipos xuvenís, despois os xogadores do pobo. E xa nestes tempos o número total de xogadores e xa non digamos de porteiros.

Falando con moitos adestradores nestes últimos tres ou catro anos, todos coinciden en que agora se pasa de todo. Todo da igual e por riba hai que consentirlles porque te quedas só. Unha vez chegaron a dicirme: «si sabes de alguén que saiba atar as botas, mándamo».

Como adestrador este ano na base da zona sur, vexo poucos futbolistas que pasen de idade en xuvenís e vaian a completar cadros de xogadores pola zona. Co cal, o futuro destes equipos baixo a miña opinión, pode ser a crónica dunha morte anunciada. Na que lonxe van quedar aquelas tardes de derbis cando non existía a Terceira Rexional e sempre se xogaba contra equipos veciños.

Non sei se estamos a tempo de recuperar neste sentido aos equipos da zona. Pois entre a despoboación, rapaces que estudan nas grandes cidades e o abandono da practica deste deporte… Agrandan as posibilidades de non saír a competir ano a ano.

Ramón, en plena acción. MARILUZ FAGÍN

Unha solución aos tempos de agora de futbolista cómodo, pode ser que volvan as Ligas (norte, centro e sur) para xogar entre e contra veciños. Con desprazamentos sempre curtos e que volva espertar o sentimento de levar posta a camiseta do pobo e defendela contra os do lado. E, por outra parte, igual cambiar os horarios futbolísticos para que os rapaces poidan compaxinar os partidos co transporte público que os leva a estudar nas grandes cidades.

Este é o meu pequeno aporte sobre o noso fútbol, o de verdade. Espero que esta pandemia remate pronto e que volvamos todos sans e salvos para seguir disfrutando do fútbol. Un abrazo para todos e todas. 

Ramón Sánchez ‘Armental’. Lenda do fútbol monfortino. Antigo ‘xusticero’, recente pescador de talentos

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 829

Un comentario

  1. Quero pensar que este artigo xa se fixo con intención cómica e burlesca porque se non xa hoxe en día «entrevistan a calquera».

    De que xeito un clube hoxe en día pode dar o cargo de adestrador de categorías inferiores a un home que (esquecendo e deixando de lado todas as súas polémicas) publicamente comparte «si sabes de alguén que saiba atar as botas, mándamo»? Viva a pedagoxía! vai formar a estes cativos con grandes valores humanos (seica o curso de adestrador hoxe en día sácao calquera) e deportivos (xogou moito ao fútbol e a gran nivel por eso solta semellante sobrada).

    Se esta é unha lenda do futbol monfortino, menudo nivel hai na cidade. En fin, este é o meu pequeno aporte sobre o noso fútbol, o de verdade, o dirixido por adultos con mentalidade de nenos de 6 anos sen sentidiño.

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.