Os onces da terceira xornada na Segunda

igualdade impera á fronte da clasificación na Segunda Galicia, tanto no grupo norte como no grupo sur. Catro equipos, que se manteñen invictos, encabezan a táboa nos dous grupos, quedando no posto primeiro por diferenza de goles o Cabreiros e o Chantada Atlético.

No grupo norte, Cabreiros, Guitiriz, Pol e Cospeito seguen contando os seus encontros por vitorias. Destacou especialmente esta xornada a do Guitiriz, que derrotou por 3-1 ao Lourenzá. Volveu gañar o Burela e chegou a primeira derrota da Candelaria diante do Meira, (0-3) que xunto co Mondoñedo e o Abadín, conseguiron o primeiro triunfo da campaña. Seguen sen puntuar neste comezo ligueiro o Folgueiro e o Ourol.

No grupo sur, Chantada Atlético, SD Becerreá, Chantada B e Oural suman sete puntos na parte alta da clasificación. Destacou a vitoria do Oural diante da, ata entón líder, Milagrosa (0-1). O Chantada Atlético goleou 4-0 ao Rubián e o Chantada B venceu a domicilio nun encontró de goles ao Portomarín (3-4). No Becerrá luciuse Kevin, que anotou catro dos cinco goles do conxunto dos Ancares. Tamén venceu o Antas e o Friol cunha goleada por 5-0 ante o Brollón. Nesta xornada chegou a primeira vitoria do Santa Comba e do Monterroso B. Pola súa banda, Portomarín e Rubián pechan a clasificación só cun punto.

 

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 465

Deja un comentario