Os Máxicos seguen con alto ritmo de competición

Nova xornada para uns Máxicos que están preto do final de temporada e non queren renunciar a nada. Salvatierra Abogados cóntanos todos os detalles da fin de semana

A Milagrosa cae no feudo do Chaín (2-0). Os Máxicos de Madriles chegaron ao concello de Gondomar co obxectivo de manter a dinámica positiva, pero o bo facer local foi pechando no seu campo a unha Milagrosa que acusa as longas viaxes. Un gol na recta final da primeira metade e outro cando se aproximaba o minuto 80′ deixaban os tres puntos de casa e facían que os albivermellos voltasen cara Lugo nos postos de descenso.

máxicos última

O Racing Villalbés colle aire logo de gañar ao Outeiro de Rei (3-1). Mala versión defensiva dos visitantes ao longo do primeiro tempo, aínda que o cadro local non foi efectivo. Tan só un remate de Denís a centro de Kaká permitiu que chegase o gol, 1-0 ao descanso. Na segunda metade, Diego executou á perfección un man a man logo dun balón as costas e, pouco despois, Denis fixo o terceiro cun disparo desde moi lonxe para asinar un auténtico golazo.

Redondo recurtou diferenzas desde os once metros e, tras o 3-1, o Outeiro gozou de dúas ocasións moi claras para meterse no partido, pero ambas foron rexeitadas entre un defensor e o gardamallas racinguista para manter a renda na Magdalena.



O Pastoricense cumpre diante do San Lázaro (2-1). Comezaron mellor os Máxicos locais no Acebreiro, que transformaron un penalti logo dun desmarque ás costas de Borja que se saldou coa pena máxima. Porén, Freire fixo un golazo desde 40 metros para igualar a contenda, pero o Pastoricense non baixou os brazos e, froito dunha boa combinación, chegou o gol de Cristian xusto antes do descanso. Na segunda metade, o San Lázaro buscou facer dano con balóns directos e, de feito, Carlos fixo unha intervención de moito mérito na recta final para deixar tres puntos de ouro na Pastoriza.

O Guntín fai do Ladairo un fortín diante do Foz (3-1). Aínda que os Máxicos mariñáns golpearon cedo co gol de Alberto, os Máxicos laranxas medraron co paso dos minutos e empataron mediada a primeira metade. O 1-1 mantívose no electrónico durante todo o partido, con moito fútbol directo e verticalidade por por parte de ambos conxuntos. Non foi ata o tempo engadido, cos goles de Tomás e de Nadir, que o duelo se decantou a prol dos locais e os puntos quedaron no Ladairo.

O Lourenzá da a sorpresa ante a SD Chantada (1-0). O plan de partido local saiu á perfección ao longo do primeiro tempo, favorecido polo estado do terreo de xogo e as condicións atmosféricas. Unha transición rápida entre Tucho e Yago, de feito, saldouse co 1-0 antes do tempo de lecer. A SD Chantada mellorou na reanudacióne gozou de oportunidades nas botas de Xende, Manute e Pablo, pero non foron efectivos, especialmente nunha dobre ocasión para Pablo e Xende. Os cambios deron frescura aos Máxicos do Lourenzá para manter a renda: ambos conxuntos tiveron opcións claras, pero non houbo máis goles na Santa Cruz.



Dúas remontadas na Cheda entre Residencia e Monterroso (3-2). A primeira metade estivo moi pechada en Lugo, cunha Residencia espesa e un Monterroso que agardaba plegado para transitar. O gol de Pedrito chegou logo dunha segunda acción nun balón parado, pero os Máxicos visitantes cambiaron o ritmo na reanudación, Sobrado empatou e Lorenzo culminou a remontada. Os branquiazuis reaccionaron co 1-2 e dúas accións de Txiki na área —no 88′ e no 95’— saldáronse con dous goles para deixar tres puntos na casa ante un Monterroso que perdeu solidez no tramo final.

O Chantada Atlético supera a un desafortunado Meira (3-1). Farra adiantou aos seus, que se atopaban cómodos no seu xogo directo, pero dúas accións a balón parado a prol dos Máxicos chantadinos saldáronse con dous goles para remontar antes do descanso. Na segunda metade, o Meira apretou moito a uns rivais que tamén melloraron con balón pero que se atoparon cunha boa versión do gardamallas Xabi. Dúas accións polémicas —un gol anulado e un posible penalti sobre Mateo— evitaron que os de Rubén Bergantiños puidesen puntuar diante dun Chantada Atlético que sentenciou cun contragolpe no engadido, 3-1 no Sangoñedo.

O Burela capea o temporal e supera ao Taboada na Marosa (1-0). Boa versión dos Máxicos visitantes na Mariña, pero o líder foi quen de sacar adiante o resultado. O bloque baixo inicial do Taboada complicou a un Burela sen profundidade e, cando os de Martín Murado deron un paso adiante co vento a favor, tamén comprometeron aos de Oke. Unha boa combinación por fóra dos mariñáns saldouse co gol de Diego Chao nun rexeite logo do centro lateral. Co resultado desfavorable, o Taboada fraccionou o seu xogo e fixo dano a un Burela que defendou os ataques branquiazuis e sacou tres puntos de moito mérito.

O Xove vence no intercambio de golpes da Liga (2-3). Estivo igualado o comezo do choque, con chegadas para ambos, pero Hugo adiantou ao Xove nun erro defensivo do Santaballés. A reacción chairega foi inmediata, empataron nun balón parado e tiveron máis opcións antes do descanso. Xa na segunda metade, Cora fixo o 1-2 nunha falta na que se abriu a barreira local. Os Máxicos de Freire voltaron empatar nun rexeite dun balón parado e, desde o gol, ambos equipos buscaron a victoria. Vérez e Cazás erraron as súas, e Hugo tirou de efectividade para poñer o 2-3 e sacar tres puntos nun partido moi vistoso.

O Castro vence ao Oural na matinal do domingo (1-2). O Luis Pallín condicionou un choque marcado polo fútbol directo de ambos conxuntos. A boa dinámica do Castro impúxose na recta inicial e Marino fixo o 0-1 nunha acción desde a banda, mentres que Mario e Cayuela non acertaron nas súas oportunidades. Na segunda metade os Máxicos sarriáns traballaron ben, pero un Castro que sufriu a expulsión de Iván mantivo o ritmo e nunha gran acción combinativa fixeron o 0-2. No tempo engadido os de Negrete conseguiron o 1-2, pero non houbo tempo para máis.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *