#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

A Primeira Futgal e os seus goleadores

Jairo Campo, máximo goleador da Primeira Futgal

Nunha Primeira Futgal que co pasar das xornadas está cada vez máis igualada, o gol é un factor clave para que os equipos da competición acaden os seus respectivos obxectivos. Hai dous equipos que nese aspecto están ben coidados grazas aos seus dianteiros. Jairo Campo do Burela e Jorge Pereira na Residencia son un dos principais factores para que ambos equipos estean na loita por xogar na vindeira tempada na Preferente Norte.

O killer do líder da Primeira Futgal

O Burela é o líder incontestable da Primeira Futgal con catro puntos de distancia co Castro. Moita culpa do bon xogo do equipo da Mariña é pola faceta goleadora dun Jairo Campo nun estado de forma espectacular. O dianteiro xa acumula 16 goles en 23 encontros disputados, o que lle da un promedio de 0,69 tantos por encontro, segundo mellor promedio dos xogadores que levan máis de dez goles por detrás dos 0,8 de Gabriel Blanco do Racing Vilalbés B.

Inda que faltan moitos partidos para que finalice a competición, Jairo Campo está preto de firmar os mellores números da súa carreira deportiva. O dianteiro está a un tanto dos que marcou na última tempada e a dous de igualar a o seu mellor curso, que foi na 17/18 con 18 goles na Segunda Galicia. Un curso que pode pechar ascendendo á Preferente, onde xa xogou co Ribadeo na 20/21, única tempada que non xogou no Burela dende que chegou ao conxunto mariñán dende o San Ciprián.

Un goleador na loita pola promoción

Pero hai un killer en Lugo que trata de complicarlle o título de máximo goleador a Jairo Campo. Na Residencia, Jorge Pereira está a ser o gran artífice en canto a goles de que o equipo dirixido por Rafa Casanova se manteña nos postos de promoción de ascenso coma terceiro clasificado con 16 tantos, empatado con Jairo Campo na loita polo pichichi, pero cun menor promedio de goles por encontro con 0,64 goles.



Este curso está a ser o mellor de toda a carreira deportiva do dianteiro lucense. Supera con bastante holgura os nove tantos que anotou na súa primeira campaña no clube, a cal xogou na Preferente. Neste ano no que o clube quere voltar a categoría, superou a tempada 16/17, na que no ascenso do Outeiro de Rei á Preferente conseguiu marcar 14 goles. É o terceiro curso futbolístico no que o xogador supera a decena de goles.



A Primeira Futgal e os seus goleadores

A SD Antas vence ante un rival

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *