#Alevíns #Benxamíns #Fútbol Base #Prebenxamíns

Os máis pequenos tamén apuran a temporada

Chega a fin do mes de abril, chegan os momentos decisivos das distintas ligas de fútbol «amateur», os nervios e as alegrías, pero tamén se está achegando a fin da campaña 2017/2018 no fútbol base.

As competicións nestas idades son, se cadra, máis emocionantes polo feito de que a maioría dos rapaces pasan de categoría, rematan a súa etapa na base, ou cambian de división dentro de cada categoría.

Hoxe, Futbolinlugo quere falar daqueles nenos e nenas que máis disfrutan do fútbol, os alevíns, os benxamíns e os prebenxamíns, xa que tan só restan unhas poucas xornadas para coñecer aos campións dos diferentes provinciais e previas!!!!

Comezamos polos máis pequenos, os prebenxamíns. Nesta categoría, o Porto Burela, CD Lugo e Milagrosa están a disputarse o título provincial a falta de tres xornadas, mentres que a Piringalla domina nas previas de copa, con dous equipos líderes en cadansúa liga.  A outra previa está dominada polo Polvorín, seguido de preto polo María Auxiliadora «C».



Nos benxamíns, todo indica que Porto Burela, CD Lugo e Residencia loitarán polo campeonato provincial, xa que a falta de tres encontros estes tres equipos están tan só separados por un punto. Nas distintas fases previas, os líderes son o Polvorín, o Xove Lago, a Piringalla (que se pode observar que está a realizar un gran proxecto), o Palas, o CP Lucense e Atlético Abuín!

Nos alevíns é, quizais, onde a competición se torna máis emotiva, debido a que moitos dos rapaces e rapazas están a disputar o seu último ano en Fútbol-8. Na fase provincial, o CD Lugo é o favorito para alzarse co tíduo, xa que avantaxa en seis puntos á Residencia a falta da disputa de tres encontros.

As seis previas nesta categoría están lideradas, respectivamente, por Racing Villalbés, Castro, Sporting Pontenova, María Auxiliadora «B», Franciscanos e Viveiro «B».



Porén, como sempre dicimos ao falar de nenos e nenas de tan curta idade, o máis importante non son os resultados, senón a súa aprendizaxe, tanto humana como futbolística, e que desfruten xogando!!

Os máis pequenos tamén apuran a temporada

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *