Os grandes aspirantes da base lucense

Como ben saben os nosos lectores, Futbolinlugo dedica todos os domingos ao fútbol base, outorgando así o recoñecemento que merecen todos os rapaces e rapazas de entre seis e dezanove anos que cada fin de semana se visten de curto para defender uns colores e loitar xunto aos seus amigos por unha victoria.

Os campionatos provinciais están a ser o tema central das últimas semanas. Xa rematados, coñecemos aos distintos equipos que teñen acceso á Fase de Ascenso á Liga Galega (no caso de infantís, cadetes e xuvenís) e aos clubes que contarán con representación nos Campionatos Galegos de Fútbol-8.

Analizando as estatísticas, Futbolinlugo caeu na conta de que nas categorías de fútbol once reinan tres equipos: Racing Vilalbés, Residencia e Polvorín. A participación nas fases de ascenso está repartida entre estes tres clubes.

O conxunto chairego quedou na segunda praza na categoría infantil e loitará ata o último momento polo ascenso. En categoría cadete, o Racing xa conta cun equipo na Liga Galega e en xuvenís, o equipo «A» está a piques de asinar o ascenso á División de Honra, mentres que o xuvenil «B» foi o campión do provincial, e xogará por una praza na Liga Galega Xuvenil a próxima campaña.

 

A Residencia cadete foi a campioa do Provincial.

No caso do clube da Cheda xa é habitual a súa presenza neste tipo de fases. Os cadetes foron os primeiros clasificados do seu provincial e os xuvenís remataron a liga no segundo posto, polo que a Residencia terá dobre representación nas fases de ascenso. Os infantís son os únicos que disputaron a Liga Galega esta campaña.

 

 

Montirón quere un ascenso que abarrote o barrio de ledicia.

 

Tamén cómpre falar do eterno aspirante, o Polvorín. Despois de varios anos nos que se viu eliminado nas eliminatorias definitivas, este ano o clube de Montirón pode facer historia, xa que tanto infantís (campións do Provincial) como os cadetes (segundos clasificados) son serios candidatos ao ascenso.

Nas categorías de Fútbol-8, o dominante é o CD Lugo. Os albivermellos conseguiron unha praza en todas as categorías (prebenxamíns, benxamíns e alevíns) que lles da acceso ao Galego. O Racing Vilalbés conta neste caso con representación na categoría prebenxamín, e a Residencia en benxamíns. O outro representante lucense é o Porto Burela, que viaxará a Ribeira para disputar a o campionato alevín.

Por último, hai que facer una gran referencia ao CP Calsancio. O clube monfortino, ademáis de contar con varios equipos en Liga Galega e Nacional, clasificou aos seus prebenxamíns e benxamíns para a disputa do Campionato Galego. Tamén o xuvenil «B» entrou na fase de ascenso que lle pode dar unha praza na Liga Galega o próximo ano.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 535

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.