Once da Xornada 23 da Primeira Galicia

A xornada 23 na Primeira Galicia foi outra vez a xornada dos Diegos. Ata catro no noso once! Pero tamén a dos empates. Especialmente dos conxuntos da zona alta da táboa. Algún seguro que se acorda a final de tempada dos dous puntos que perdeu esta pasada fin de semana! O Outeiro de Rei non pasou da igualada no feudo dun San Ciprián á alza. A defensa mariñana tivo a raia aos atacantes do cadro de Juan Peón. Por iso Fabián está no noso once. Así como o azulón Diego Seijas, que se consolida como un dos xogadores máis talentosos da categoría.

Outro dos encontros da xornada era o Foz-Santaballés. Alí Dani foi do pouco destacable dun duelo que defradou, e que terminou en táboas. Polo Foz quedámonos co eterno Canario. E no partido entre aspirantes, empate tamén! O Valadouro igualou no Acebreiro ante un Pastoricense que segue codeándose cos grandes da categoría. Iván, o mediocentro dos visitantes, foi o mellor sobre o céspede.  E o Riotorto non quería ser menos e deixouse dous puntos na casa ante un Páramo con porteiro improvisado. Corbelle defendeu os paus con solvencia porén o destacado dos de Melenas foi Pepe, inconmensurable na medular. E o mellor gardamallas da xornada estaba na área contraria. Diego López axudou a que polo menos os de Labrada sacasen un puntiño nun duelo que se complicou en exceso.

 

O gran beneficiado esta xornada no tren de cabeza, foi o Monterroso. A pesares de xogar un dos peores partidos deste curso, os de Adrián Vázquez resolveron a papeleta cun solitario gol de Dabouza a vinte minutos do final. E para rematar a análise da zona nobre, a Residencia volveu gañar. Esta vez cun protagonista moi claro. Diego Simón anotou un hat trick e tumbou a un Burela que continúa en descenso.

Ademais, o Bóveda derrotou por 2-0 ao Chantada B. Unha portería a cero ben merecía presenza no once, por iso o central Diego ten o seu oco. Nesta zona sur, rexistrouse un dous partidos da xornada. O Antas loitou de tí a tí, ante un Taboada que finalmente se impuxo pola mínima. Fabio guiou aos seus a esta traballada victoria. Por último, Andrés Bustelo sobresaíu no triunfo dun Xove Lago que gaña enteiros a costa dunha Milagrosa en horas moi baixas.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

Deja un comentario