Once da xornada 25 na Preferente Galicia

Unha vez máis os derbis marcaron a xornada na Preferente. Catro equipos da provincia efrontáronse entre si esta pasada fin de semana e convértense nos grandes protagonistas do once ideal. O Ribadeo remontou o seu partido ante a Sarriana na Ribela e sumou a súa terceira vitoria consecutiva que o coloca a tres puntos da promoción de ascenso. Yoel e Mauro Poratti aparecen como os máis sobranceiros do conxunto da Mariña Oriental. Pola súa banda, a Sarriana segue en zona de descenso a seis puntos da salvación.

Diego Chis do Viveiro repite por segunda semana no once ideal

No duelo do sur enfrontáronse o Lemos e o Escairón na Pinguela. Os do Saviñao leváronse o encontro pola mínima cunha gran actuación do porteiro Javi López, así como de Iago e Anxo. O conxunto de Alberto López segue sen descartar a promoción de ascenso da que se atopa a cinco puntos na clasificación. O equipo local tentouno pero non foi quen de cortar a mala xeira de catro derrotas consecutivas e queda tres puntos por riba do descenso. Á beira do perigo tamén anda o Chantada despois da súa derrota por 3-0 ante o Mugardos que o deixa tan só con dous puntos de marxe e sen ningún xogador no once ideal.

O Lugo B perdeu unha boa oportunidade de asentarse na promoción de ascenso ao perder no Ceao ante o líder indiscutible da categoría, o Noia por 1-2. Os pupilos de José Durán quedan empatados coa zona de play-off pero sextos clasificados. Asier foi un destacados dun partido que se lles escapou aos lucenses nos últimos minutos. Tampouco foi quen de recurtar puntos o Viveiro que empatou na casa ante o Betanzos e está a dous puntos da promoción. Unha vez máis, por segunda semana consecutiva, Diego Chis repite no once ideal acompañado por Alberto.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 467

Deja un comentario