#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

O Polvorín gaña no Viso e oposita á zona de privilexio

A undécima xornada de terceira completouse xa o sábado para os conxunto lucenses. Boas novas para Racing Vilalbés e Polvorín. Os chairegos derrotaron na Madalena ao Silva mentres que os da capital fixeron o propio co Arzúa a domicilio. Peor parado saiu o Viveiro, que estivo lonxe de sacar algo positivo da súa visita ao Fabril.

O Racing Vilalbés derrota ao Silva sen excesivos problemas e remata o ano invicto na Madalena (2-0).

Os chairegos seguiron o guión marcado nesta temporada e no último tramo da anterior: facer da Madalena un fortín. Simón Lamas apostou de novo por López no perfil esquerdo da defensa con Jose Varela retrasando a súa posición ao lateral e con Rares e Aitor titulares na parcela atacante. O Racing Vilalbés prantexou un encontro tal e como nos ten acostumados dificultando moito o xogo dun Silva que nunca se atopou cómodo no céspede da Madalena. Non foi moi vistoso o Racing, pero si práctico. Non foi ata preto do descanso cando chegou o primeiro tanto. Cuadrado pelexou un balón na área que lle caeu a Santi Gegunde que colocou o balón lonxe do alcance de Adrián Ríos.



Na segunda metade, os chairegos controlaron o encontro sen pasar apuros e Muíña ampliou diferencias logo de recoller un balón solto na área. O Silva só inquietou a portería rival logo dun erro defensivo local que aproveitou Joao Paulo, pero respondeu Javi Rumbo cunha gran intervención.

O Racing Vilalbés despide o ano cun triunfo importante que o mantén na zona alta da Terceira.



O triunfo do Polvorín no difícil campo do Arzúa sitúa aos lucenses moi preto da zona alta (1-2).

O filial albivermello foi quen de sacar adiante un encontro complexo, nun campo poucas veces accesible para os visitantes e ante un rival que se estaba a amosar moi sólido, e ademáis en inferioridade na segunda metade. Os de Álex Ortiz, con tres encontros aínda por disputar, son quintos na clasificación e miran cara arriba.

O encontro comezou sen un claro dominador. O Polvorín non se atopou cómodo nos primeiros compases nun campo en regulares condicións e ante un Arzúa que lograba gañar a maioría dos duelos que se producían.  A pesares diso, gracias a transicións rápidas, Christian logrou ter dous man a man ante o gardameta arzuán que non logrou marcar. No minuto 35 chegou o primeiro tanto. Desta volta Christian resarciuse das ocasións marradas e fíxoo ao grande. Nunha xogada individual entrou na área e cun tiro cruzado logrou un espectacular tanto pola escadra da portería de Marqueta.

Na segunda metade, o Arzúa logrou facerse co control do partido e embotellou ao conxunto lucense a través de xogo directo e de rápidas contras. Nunha delas, Brais Pedreira recolleu un rexeite e logrou o empate. Poucos minutos despois, Nico viu o segundo cartón amarelo, nunha acción rigurosa,  e o Polvorín quedou en inferioridade. A falta dun cuarto de hora, o colexiado sinalou penalti por man de Jorge Queiruga logo dun centro de Cristian. Morais transformou a pena máxima e outorgou tres valiosos puntos para o Polvorín.



O Viveiro amosou a súa peor faciana ante o Fabril e saiu claramente derrotado de Abegondo (3-0).

Segunda xornada consecutiva na que o Viveiro saiu goleado. O cadro mariñán non contou con opcións en ningún momento de sacar nada positivo do campo do Fabril e ao descanso xa contaba con tres goles en contra. A fraxilidade defensiva foi de novo a gran inimiga do cadro adestrado por Chusky.

O Fabril dominou o encontro desde o pitido inicial e cun xogo combinativo chegou con facilidade á área viveirense. Co vilalbés Villares liderando o centro do campo e o ex do Polvorín Rayco moi activo en ataque, o equipo de Valerón non atopou dificultades para adiantarse no marcador. Foi antes do minuto 20 cando Sarmiento conectou con Rayco e este picou o balón ante a saída de Manu Cedrón. O esférico quedou morto e Adri Castro remachou sen oposición. Non tardou en chegar o segundo tanto. Dani Montes cometeu un penalti inocente sobre Rayco que él mesmo transformou. Xa preto do intermedio chegou a sentencia. Adri Castro roubou un balón nunha indecisión da zaga e serviu para que Rayco conseguise o seu segundo tanto.

Na segunda metade o Viveiro tirou de orgullo e amosouse máis protagonista na segunda metade, pero as ocasións para recurtar as diferencias foron escasas. Estas só chegaron no tramo final cando Chusky moveu o banco e deu entrada a Javi Rey e ao xuvenil Luis Pernas. Nos últimos compases Asier puido marcar tras un bo servicio de Luis Pernas e Javi Rey cun potente disparo que se marchou pegado a pao inquietou a portería defendida por Alberto.

O Polvorín gaña no Viso e oposita á zona de privilexio

A Primeira, en pé de guerra ante

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *