#Fútbol afeccionado #Feminino

O PM Friol e o CD Lugo xa teñen a súa folla de ruta

Despois de moito agardar, por fin temos almanaque de Terceira RFEF. O CD Lugo e o PM Friol inician a súa andadura nesta categoría esta mesma fin de semana.

O PM Friol debuta no feudo do Victoria CF mentres que o CD Lugo visita ao Gijón Fútbol Femenino A. Por outra banda, na última data (5 de maio) as de Joaquín Blanco xogarán na casa ante o Umia e o PM Friol disputará o seu encontro, de novo, a domicilio. O rival será o Real Sporting de Gijón B.

O primeiro derbi lucense será na Cheda, na xornada 10, sobre o 12 de novembro. Pola súa banda, o PM Friol recibirá ao Lugo na xornada 25, alá polo 24 de marzo.

Mesmo destino, distintos camiños

Nere Lombardero cambiou o PM Friol polo Viaxes Interrías

O PM Friol chega a esta Terceira RFEF despois dunha tempada moi dura, con problemas internos e descenso incluido. Un ano máis Geluco Villar volveuse reiventar. E o equipo de Covi Regueiro parte como un dos favoritos a pesares de que só continúan catro xogadoras do curso pasado na escadra amarela.



O CD Lugo recala na categoría con toda a ilusión do mundo. As de Joaquín Blanco lograron o ansiado ascenso e manteñen o bloque que as trouxo ata aquí. Asinaron á porteira Sara, do Olímpico de León, e conseguiron a fichaxe da defensa becerrense Candela Vázquez. Aínda agardan algunha incorporación máis. Mentres tanto, tirarán do seu novo filial.

O PM Friol e o CD Lugo xa teñen a súa folla de ruta

Coñecemos as datas e partidos dos grupos

O PM Friol e o CD Lugo xa teñen a súa folla de ruta

Roberto Fdez: «Temos que ter paciencia nas

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *