#Entrevistas #Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

Roberto Fdez: «Temos que ter paciencia nas primeiras xornadas»

Unha institución sobre o verde que o quere tamén ser no mundo dos bancos. Roberto Fernández Alvarellos (Chantada, 25/01/1979) asume os mandos do Polvorín despois dunha exitosa estrea na base albivermella. O chantadino vivirá este domingo o seu debut no fútbol sénior como adestrador principal ante o Estradense (18:00 horas, A Cheda).

FUTBOLINLUGO: Como chega o equipo ao inicio de Liga?

ROBERTO FDEZ: Voltamos á Terceira RFEF con moita ilusión, cunha xeración nova de xogadores de futuro. Para intentar que moitos dos xogadores, como nos últimos anos, poidan entrar en dinámica do primeiro equipo. Que vexan o primeiro equipo como un obxectivo para ir conseguindo día a día. Despois, temos que facer tamén unha boa campaña na Terceira.

«Para o pouco tempo que tivemos, fixéronse cadros de xogadores de calidade, de futuro e de presente»



FIL: Que opinión che merece a conformación do cadro de xogadores?

R. F: Temos que ter paciencia nas primeiras xornadas, tanto no primeiro equipo como no filial. Incluso na base houbo moito cambio. Toca pasar páxina e pensar en novos retos e ilusións. Para o pouco tempo que tivemos, fixéronse cadros de xogadores de calidade, de futuro e de presente. Agora toca adaptarse e coñecerse un pouco máis. Canto antes consigamos isto, antes chegarán os resultados. Temos que meter o ADN do club: loitar todos os partidos para gañalos. Estamos moi ilusionados.

«Estou moi contento con Pedro Munitis e co meu corpo técnico»



FIL: Imaxino que parte desa ilusión é por ser esta, a túa primeira experiencia como adestrador principal en sénior?

R. F: Estou con moitas gañas e contento de axudar ao equipo. De facer un bo traballo no filial e axudar ao primeiro equipo no que necesite. Cando Pedro Munitis decida contar con eles, que estén preparados. Está moi pendiente deles. Estou moi contento con el e co meu corpo técnico, son xente de club con sentimento de equipo. A súa predisposición é magnífica.

Roberto Fernández foi adestrador dun dos combinados do I All Star Futbolinlugo (Burela, 2019)

FIL: O feito de que os xogadores suban co primeiro equipo é un hándicap para o traballo diario. Como solventades esa circunstancia?

R. F: Con normalidade. Moitos xogadores van aumentar o nivel de competitividade e calidade indo co primeiro equipo. A competencia é moi alta. Pero o importante é que os xogadores se gañen as oportunidades para ir co primeiro equipo. Teñen que saber que son xogadores do filial e saber onde están para poder levar con calma ese proceso. Deben facer moi boa campaña e ter en conta a dificultade que iso conleva.

«O importante é que os xogadores se gañen as oportunidades para ir co primeiro equipo»



FIL: A competición volve a 18 equipos, que destacarías dos rivais?

Roberto posa cunha das nosas Guías Futbolinlugo

R. F: Hai bastantes cambios e fichaxes. Equipos que manteñen xogadores, outros que se reforzaron ben e cun gran potencial. Hai moito nivel. Falar de favoritos e demais agora resultaría moi cedo. Hai que deixar sete ou oito xornadas para ver o nivel real de cada equipo. Estanme gustando moitos equipos e xogadores.

FIL: Cal é obxectivo do Polvorín para esta tempada?

R. F: Non me gusta marcar obxectivos antes de iniciar. O primeiro obxectivo é formar xogadores para cando Pedro Munitis os necesite. Todos dependemos do primeiro equipo. A miña maior función é ter aos meus xogadores preparados e ao máximo nivel. De puntos e clasificación é moi pronto para falar. Despois o principal é a ilusión por competir e facer as cousas ben. Así arrancaremos a Terceira RFEF este domingo.

Roberto Fdez: «Temos que ter paciencia nas primeiras xornadas»

O PM Friol e o CD Lugo

Roberto Fdez: «Temos que ter paciencia nas primeiras xornadas»

A V Guía Fútbol en Lugo xa

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *