Roberto Carreira deixou as mellores imaxes do derbi chairego entre Outeiro de Rei e Santaballés, no que os de Freire levaron tres puntos de ouro para recuperar a dinámica positiva. O resumo do partido chegará o martes cos Máxicos Salvatierra Abogados, pero hoxe traemos instantáneas dun choque vibrante.
A galería completa pode consultarse nesta ligazón. O duelo entre Outeiro e Santaballés supuxo o pistoletazo de saída para unha xornada vibrante, e deixa aos de Adrián Vázquez con 20 puntos, mentres que o Santaballés suma xa 30 puntos para afastarse da zona de perigo e mirar cara arriba.











