Futbolinlugo agasalla publicidade a afectados por ERTE

Esta casa quere axudar a limitar, no posible, as desfeitas da pandemia

O grupo FutbolIn (Futbolinlugo e Futbolinourense) vén de acordar ofrecer un paquete de publicidade de balde para todos aqueles negocios que se atopan en serios problemas. Este conglomerado ten moi claro que naceu por e para as persoas, que se debe a elas. Xa que como dicimos sempre, sen vós non somos ninguén. Son momentos de axudar e de estar cos nosos e coidalos.

Así que, neste día no que os nosos queridos bares e demais familia volverán pechar as súas portas, decidimos o seguinte. Queremos darlle a máxima vida posible a todas aquelas empresas, sociedades ou negocios que sofren e se apagan con esta pandemia. Queremos manter vivo o seu espírito e darlle luz. Por iso, Futbolinlugo e Futbolinourense publicitarán gratis a todos os negocios que se atopen pechados ou cun ERTE que afecte a un mínimo do 50% dos seus traballadores.

Durante canto tempo? Todo o que se manteñan nas citadas circunstancias.

E con algún compromiso de permanencia ou interese? Ningún. Toca estar coas persoas e ser persoas. Só queremos axudar.

Como xa podedes ver na nosa web, Tibor Meira e Discoteca Hermo xa se acolleron a esta iniciativa. Das cales nos aledamos de xeito especial, xa que tiñamos un proxecto conxunto xusto entre mans antes de que o mundo que coñecíamos estoupase en pedazos virulentos. Iso si, non queremos que sexan os únicos. Agardamos as vosas solicitudes no noso correo: futbolinlugo@gmail.com

Saúde e sorte!

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 829

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.