O II Ránking Futbolinlugo comezou co dobre de equipos

Nova entrega dun dos eventos máis atractivos desta cada

Esta semana deu comezo o II Ránking Futbolinlugo de pádel nas instalacións de Lucus Pádel. Despois do éxito da primeira edición, a confirmación chegou co número de equipos participantes nesta segunda entrega. Un total de vintecatro conxuntos, o dobre que na estrea desta competición, loitarán por un trono que quedou baleiro. Xa que todos as parellas e tríos da primeira edición renovaron o seu compromiso agás os Colexiados e o campión Castro. Dende aquí, só temos palabras de agradecemento pola confianza que depositaron en nós e a exquisita deportividade que tiveron en todos e cada un dos seus encontros. No entanto, contamos con máis dunha ducia de equipos novos. E outros que modificaron os seus integrantes. Ao poder xogar con antigos compañeiros, houbo algún que outro cambio de cromos ao máis puro estilo World Pádel Tour.

O formato de competición sufre para esta temporada unha serie de modificacións, co fin de facer aínda máis atractivo este torneo. Explicámolo a continuación, e adxuntamos de paso os grupos da primeira fase das tres que volverá ter o Ránking.

Grupos da primeira fase
A pasada final de consolación

Primeira fase: 4 grupos de 6 equipos. A unha soa volta. Remata no Nadal.

Segunda fase: 3 grupos de 8 equipos a dobre volta. De xaneiro ata maio/xuño. Os dous primeros de cada grupo da primera fase xogan no Grupo Ouro, terceiro e cuarto no Grupo Prata e os dous últimos clasificados no Grupo Bronce.

Fase final: Eliminatorias a un só partido. Nun só día no mes de xuño. A festa do noso fútbol. Do Grupo Ouro acceden 4 equipos directos a oitavos de final. Do Prata, 3; e do Bronce, 1. Os 16 conxuntos restantes mediranse en enfrentamentos directos para sacar os 8 billetes restantes para oitavos de final.

Vémonos nas pistas mentres nos campos non é de todo posible!

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 860

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.