#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O partido da xornada . . . C.D. Foz – S.D. Sarriana: aspiracións contrapostas nun derbi de pronóstico incerto

Fai tan só uns meses, Foz e Sarriana rivalizaban por ser os equipos que ocuparan os postos de ascenso a Preferente nunha Primeira Autonómica das máis competidas dos últimos anos. Ámbolos dous acadaron o seu obxectivo, e este domingo ás 16:15 horas no Martínez Otero voltarán a verse as caras, desta vez con aspiracións contrapostas. Os mariñáns pelexando por saír dos postos de perigo logo dun titubeante comezo, mentras que os sarriaos ven a tan só dous puntos os postos de ascenso directo.

O C.D. Foz pódese decir que está adaptado á categoría. Varios anos sen disfrutar da Preferente, e cun plantel maiormente conformado por xogadores focenses, sufriron nos primeiros encontros de liga o lóxico proceso de aprendizaxe. Os resultados tardaron en chegar, pero ninguén se puxo nervioso no Martínez Otero. A partir de mediados do mes de novembro, as boas sensacións transformáronse en puntos. Nestes dous últimos meses tan só o Noia foi quen de derrotar aos de Gayol, que curtido en mil batallas, imprime o seu carácter nun plantel que mezcla veteranía e xuventude.

Bouso, Jesús Pablo e Javi Chinchón, tres fixo na zaga focense

Nos dous últimos encontros, o C.D. Foz derrotou con solvencia ao Puebla e impúxose a domicilio ao Dubra, conxunto que tamén está inmerso na batalla pola permanencia. Cos postos de descenso directo moi lonxe, o gran obxectivo dos mariñáns é evitar caer nos temidos arrastres.

Pola súa banda, a S.D. Sarriana viviu un proceso ben distinto ao do seu rival deste domingo, unha vez acadado o ascenso de categoría. O técnico da pasada campaña, Julio Corral, non continuou e foi sustituído por Alberto López, que ao igual que o seu homólogo focense, xa conta con gran experiencia nos banquiños de toda a provincia. Consigo levou á Ribela un bo número de fichaxes, que deron un salto de calidade para que o equipo esté a día de hoxe na quinta posición da táboa, empatado a puntos co Viveiro e moi preto do segundo clasificado.  As once xornadas sen perder do comezo do campionato contrastan coas catro derrotas consecutivas dun aciago mes de decembro.



De tódolos xeitos, a Sarriana repúxose na pasada xornada, vencendo con solvencia ao Ordes por catro tantos a un, con gran protagonismo de Diego Arias, a última incorporación do equipo, dianteiro de gran experiencia que chega de capitanear ao Lemos.

Os xogadores da Sarriana celebrando o tanto do triunfo ante o Ribadeo

O último enfrontamento entre o Foz e a Sarriana en Preferente no Martínez Otero data o 23 de abril do 2006 e rematou con triunfo mariñán por un tanto a cero. Ese ano a Sarriana rematou descendendo, mentras que o Foz salvou a categoría nas derradeiras xornadas.

Falamos con Dani Chao (C.D. Foz) e Diego Núñez (S.D. Sarriana), dous dos mediocampistas máis en forma da categoría.



QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?

DANI CHAO (C.D. FOZ)

– Adaptación do equipo. «Costounos comezar e adaptarnos a unha nova categoría con moito máis ritmo e onde tódolos partidos son disputadísimos. Quizais pecamos algo de novatos ao comezo, con moitos erros defensivos que nos penalizaron bastante».

– O debut na Preferente. «Costoume adaptarme, sobre todo físicamente, pero agora atópome cómodo no campo, con confianza, e sobre todo cando ves que o equipo funciona, e iso axúdache a mellorar».

– A Sarriana. «Un derbi é un derbi e pode pasar calquer cousa. Afrontámolo con moitas gañas de sacalos tres puntos e así poder seguir subindo postos na clasificación. Do rival destacaría a súa capacidade defensiva e a súa rapidez. A fichaxe de Diego Arias daralles un plus de calidade».

 – A permanencia. «Confío en acadala, tanto eu como a directiva, o míster, e o gran grupo de xogadores que temos. Somos unha piña e remamos todos na mesma dirección, polo que creo que imos salvarnos. Non será fácil, xa que creo que baixarán cinco ou seis por mor dos arrastres de Segunda B e Terceira, aínda que agardo que haxa os menos posibles. Sobre todo agardo que se salve o Racing Vilalbés«.

DIEGO NÚÑEZ (S.D. SARRIANA)

– Obxectivo do equipo. «Cando comezou a temporada, o obxectivo era mantela categoría, que agora con tan só vinteunha xornadas xogadas xa está moi preto. Agora o máis inmediato é gañarlle ao Foz, e ir partido a partido para quedar o máis arriba posible, sen renunciar a nada nin temer a ninguén. Demostramos que lle podemos competir a calquera».

 – O Foz. «Vai ser un encontro moi complicado. Eles están xogándose o descenso e como non teñamos ao cento por cento levaremos máis dun susto. Aínda que estén na zona baixa contan con grandes xogadores como David Rodríguez, Ibán Gayol, Javi Chinchón, Canario. . . Temos un gran respeto hacia eles».

ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .

Terceira División

– Polvorín – S.D. Compostela (Domingo ás 12:15 horas na Cheda): os de José Durán, logo de empatar no campo do Paiosaco, reciben a un rival ferido. Os santiagueses chegan a este encontro tras sufrir dúas derrotas consecutivas e fóra dos postos de playoff. Importante sumar para o filial lucense para seguir fóra do descenso directo.

Primeira Autonómica

– U.D. Xove Lago – Club Lemos (Domingo ás 16:30 horas no Municipal de Xove): os mariñáns suman cinco xornadas sen perder e atópanse no mellor momento da temporada. Reciben ao líder sólido, un Lemos que ven de golear ao Sporting Pontenova na Pinguela.

Arturo, gardameta do Lemos, un dos menos goleados do fútbol lucense

– S.D. Chantada – Chantada Atlético (Domingo ás 16:30 horas no Sangoñedo): derbi chantadino, a priori desigual, polo momento de forma dos dous equipos. Os locales, pelexando por entrar nos postos de ascenso, mentras que os visitantes son penúltimos e non coñecen a vitoria desde o 11 de novembro.

– S.D. Santaballés – C.F. Riotorto (Domingo ás 16 horas na Liga): os de Dani Moirón volven a estar a tiro de pedra dos postos de ascenso. Reciben no seu feudo a un Riotorto que non gañou nas catro últimas xornadas.

O Santaballés, ás ordes de Dani Moirón, segue moi preto dos postos de ascenso

Segunda Autonómica

– S.C.D. Roupar – E.D. Lourenzá (Sábado ás 16 horas no Novo): cuarto e quinto clasificado, empatados a puntos. Os xermadinos son a revelación da categoría, mentras que o Lourenzá continúa na súa remontada particular e xa é un firme candidato ao ascenso.

– A.D. Bóveda – Ferreira C.F. (Domingo ás 16 horas no Hermanos Somoza): os locales situáronse en postos de ascenso logo de golear ao filial do Chantada, aproveitando a derrota do seu rival do domingo. Os de Pantón, tras sumar tres triunfos consecutivos, caeron derrotados no campo do Oural.

Terceira Autonómica

– A.D. Matela – C.D. Alfoz (Sábado ás 16 horas en San Lourenzo de Aguiar): o conxunto visitante, probablemente o conxunto máis en forma da categoría visita o complicado campo do Matela. Ámbolos conxuntos tentarán reducila diferencia co líder.

– S.D. Paradela – C.D. Sober (Sábado ás 16 horas no Gandarón): os locales buscarán manter o liderato nun grupo Sur, no que o Sober só gañou un dos cinco últimos encontros, pero mantén posto de promoción.

Primeira División Galega

– S.D. Antas – C.P. Alertanavia (Domingo ás 17 horas no Castro Seoane): rival da zona alta para as rapazas de Melendo, malia que nas últimas xornadas non están a ser regulares. As da Ulloa tentarán dar a sorpresa.

Segunda División Galega

– S.G. Comercial – Torre S.D. (Domingo ás 17 horas no Rodríguez Lago 2): as lucenses reciben ao pechacancelas da categoría, que tan só logrou un punto no que vai de campionato. Boa ocasión para lograr tres puntos que as acheguen á zona media.

O partido da xornada . . .  C.D. Foz – S.D. Sarriana: aspiracións contrapostas nun derbi de pronóstico incerto

Os sobranceiros da Terceira na 12ª xornada

O partido da xornada . . .  C.D. Foz – S.D. Sarriana: aspiracións contrapostas nun derbi de pronóstico incerto

O partido en imaxes: Oural 3-2 Ferreira

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *