Isto aconteceu nunha fase de ascenso cos xuvenís do Chantada. Temporada 98-99. Era eu xuvenil de primeiro ano e xogaba de dianteiro centro.

Recordo que o primeiro partido desa fase nos tocara fronte ao Rápido Bahía de Cangas. No seu campo. Ao empezar o partido, nas primeiras xogadas que me acercaba aos centrais para disputar os balóns; recibía beliscos no cu ou na espalda xa antes de tocar o esférico. Pero uns beliscos que doían de verdade!
Eu seguíame acercándome a eles para intentar recibir os balóns o máis arriba posible. Ata que un deles sacou un alfinete. Pasando así dos beliscos a pincharme o cu co alfinete. Co cal facíame recular ata o meu campo xa antes de recibir o balón.
Comenteille o tema ao árbitro e este ríase. E o peor que o central tiña máis dun alfinete gardado nas caneleiras. Íaos quitando progresivamente das súas pernas e tirándoos ao chan para que ninguén lle vise cousa algunha na man. Perdimos 5-2.


No partido de volta pregunteille ao citado xogador se traía armamento. Díxome que non lle facía falta, que a eliminatoria xa estaba sentenciada. Ao final, remontamos gañando por 5-1 na casa. E sen alfinetes de por medio.
Agora o curioso é que o que xoga de central son eu. E non descarto usar este método para asustar aos dianteiros, xa que están os corenta anos ao caer!
Iago Otero Novelle. Xogador do Chantada Atlético. A vida e os alfinetes reconvertírono en central
