O Guntín celebra o título de copa

O Guntín comeza o seu soño na Supercopa Galicia

O Guntín vai arrincar este domingo ás 19.00 horas o seu soño por acadar a Supercopa Galicia. Todo vai arrincar cunha eliminatoria a dobre partido ante o Negreira onde a ida será fóra da casa e a volta, na fin de semana que vén, xogarase no Ladairo. De pasar esta dura eliminatoria ante o vixente campión da competición, mediríanse ante o Auriense ou o Alertanavia. No caso de gañar a competición, accederían a xogar a fase previa da Copa do Rei.

O premio a un camiño glorioso do Guntín

O Guntín chega a esta competición despois de converterse en campión da Copa Deputación completando un traxecto espectacular que o levou a levantar o título. Foron o único equipo que pasou de fase previa en chegar ás semifinais e tivo que vencer ao Pol na primeira rolda. Despois, os tres primeiros clasificados da Preferente. Gañaron ao Chantada en cuartos, ao Monterroso nas semifinais e ao Ribadeo nunha final que se decidiu nos penaltis. Agora, o premio será unha competencia na que lles tocará o gran favorito na primeira eliminatoria.

O Negreira non é só o vixente campión, senón que coñece todo o camiño que pode deparar ser o vencedor do torneo. Despois de gañar, pasaron á fase previa da Copa do Rei, onde lograron avanzar para medirse á Real Sociedad na primeira rolda, que acabou sendo o campión do torneo. Na liga, a súa anterior campaña rematou ante o Lemos na promoción de ascenso, pero chegaron a ter un liderado moi marcado na primeira volta e, este ano, manteñen un bloque moi poderoso no que o seu principal líder será Alberto Freire, que marcou 23 goles na pasada campaña.

«Temos moita ilusión por esta competición»

O seu adestrador Germán Campos, afirma que teñen unha «gran ilusión por disputar este torneo» pese a que saben das dificultades que supón un rival dunha categoría superior. O obxectivo é «desfrutar e intentar deixar eliminatoria aberta para a volta na nosa casa, unha tarefa que vai ser moi complicada». O técnico advirte da experiencia dun actual campión que «demostrou o ano pasado ter un bloque moi ben armado para ascender». Polo de agora, non pensan no premio final da Copa do Rei xa que «pensar máis alá desta eliminatoria é unha utopía, non nos podemos presionar».

Este torneo é para Campos parte dunha pretempada que os levará a unha liga que prevé «un pouco diferente, xa que teremos equipo novos que non coñecemos». O técnico pensa que vai ser un ano complicado, pero xa están traballando para «darlle a rodaxe necesaria aos xogadores que nos permita acadar o noso pico de forma para todo o curso». O Guntín contará cun bloque moi semellante ao do ano pasado, o que fai que «pouco teñamos que engadir no aspecto táctico porque sabemos ao que xogamos».

Foto de Rober Carreira

O Guntín comeza o seu soño na Supercopa Galicia

Diario dun mercado. Episodio 538

O Guntín comeza o seu soño na Supercopa Galicia

O Guntín comeza o seu soño na