A Ribela acolleu o pasado domingo as finais de Copa do fútbol feminino é a da Segunda e Terceira Rexional. Nesta última o Becerreá impúxose por (1-3) ao Iberia. O cadro da Montaña exerceu de visitante a pesar de ser o finalista máis cercano a vila de Sarria.
O encontro estivo igualado no primeira metade. O Iberia presentouse ben organizado sobre o céspede e coas ideas moi claras. Quizais o penalizou non morder máis en ataque e foi castigado cos goles rivais.
O Becerreá si era quen de xerar perigo con boas transicións. Nunha acción illada, Cristian no segundo pau pegoulle ao balón coa súa perna menos boa, a dereita, e apareceu Ily en boca de gol para adiantar aos seus.
O cadro de José Manuel tentou apertar pero chegou o segundo mazazo. Un segundo gol do Becerreá que subiu a conta anotadora de Riomao para chegar logo ao tempo de lecer.



No segundo tempo, o Iberia tentouno pero non era quen de xerar o necesario para igualar a contenda. Antes da recta final, apareceu Xairo (xogador All Star) cun tiro moi axustado ao pau longo dende fóra da área para marcar o terceiro e sentenciar a final.
O Iberia marcou o gol da honra xa nos últimos intres aproveitando un erro defensivo dos locais. Dani Prieto, outro dos xogadores convocados para o II All Star Futbolinlugo, foi o anotador.
Xairo nos campións e Joni no Iberia foron do máis destacado dun partido que serviu para pechar a temporada nas categorías sénior máis baixas do noso fútbol.

Ambos equipos realizaron unha gran campaña regular, aínda que o novo formato da competición lles impedise alcanzar cotas de renome. O Becerreá quedouse as portas do ascenso, pero fixo unha espectacular tempada a nivel regular que se viu refrendada coa Copa.
Pola súa banda, o Iberia tamén se quedou a beira de entrar na fase de ascenso, pero estivo intratable na 2ª fase e morreu coas botas postas na final. Agora All Star e a recargar pilas para volver con máis forza.