#Fútbol afeccionado #Anecdotario #Terceira RFEF

O anecdotario: «Suplantación de identidade», por Keko Vilariño

Isto sucedeu o ano que debutei co Lugo, alá polo 2014. Partido de Copa do Rei fronte ao histórico Recreativo de Huelva, con Quique Setién como adestrador.

Eu sabía que ía xogar coma titular. Obviamente estaba moi contento. Pois cando chegamos ao estadio, ao Nuevo Colombino, eu flipaba. «Isto é unha pasada, vou debutar neste tremendo estadio en Copa co equipo da miña cidade», pensaba para min.

Keko, o día do seu debut co Lugo. FUTBOLDELUGO.COM

Cheguei e fun coller a camiseta co meu nome gravado, algo que non o era o habitual para un xuvenil coma min. Facíame ilusión. Pero pouco tardou en irse. Na camiseta viña o nome de ‘Koke’ en vez de ‘Keko’. Un ‘fail’ de debut en toda regra. Eu non me vía capaz de xogar así, todo un chasco.

Pero rematei xogando, confiando en que se vise pouco por televisión. No tramo final do partido, subíronseme os xemelgos e tiven que pedir o cambio… O partido rematou 1-0 a favor do Recre, con gol de Joselu (a día de hoxe, dianteiro do Lugo).



Alberto ‘Keko’ Vilariño Sobrado. Xogador da Sarriana, sobrado de fútbol

O anecdotario: «Suplantación de identidade», por Keko Vilariño

O fútbol lucense pendente da Lomba, e

O anecdotario: «Suplantación de identidade», por Keko Vilariño

A Sarriana volve a postos de ascenso

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *