O anecdotario: “Así naceu o correcamiños”, por Josiño

Unha xogada para o recordo e un historia para toda a vida

Vou contar como se certificou o alcume de ‘Correcamiños’. Foi na fase de ascenso xuvenil ante o Olímpico de Rutis. Eu xogaba na Milagrosa e iamos perdendo.

Nun saque dende o curruncho en contra, peinouna Tejeda para despexar. Collina no borde da área e comecei a correr todo o campo. Funme a tres ou catro xogadores e planteime na área rival. Empuxáronme contra o aspersor, ao cal tiven que driblar. Chegando antes que o defensa central, iso si! E dinlle o balón ao segundo pau a Fariñas. Aí fixéronlle penalti. E o resto xa é historia. Luis Díaz non fallou desde os once metros.

A ‘coña’ da xogada é que tiven que driblar o aspersor que hai en Frigsa. Se algo tiña daquela era velocidade e finta. O único que tiña, que non é pouco! E desde a grada comezaron a berrar “Correcamiños” cada vez que collía o balón e a facer o famoso “mec, mec” desta histórica personaxe. Así naceu este alcume que acabou en forma de tatuaxe na miña perna hai uns anos.

José Ángel ‘Josiño’ Núñez López.José Angelín, a finta e o sprint’. Antigo xogador da Milagrosa e o Muimenta

Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 273

Deja un comentario