Bueno, bueno… liáronme de novo (cousa difícil, a verdade) e, despois dun tempo prudencial para xenerar hype como Os Incribles II, aquí estamos para facer o de sempre: dar a turra pero, neste caso, por escrito (aínda que o medio oral está a anos luz, aquí non se pode xesticular). Alá foi o verán, xusto cando lle estabamos collendo o gusto… o tema é que o verán non é o único que remata. Estos últimos anos estamos vendo cómo chegan o fin das súas carreiras lendas coma Xavi, Xabi Alonso, Totti, Pirlo, Ronaldinho… ou, tocándonos moi de cerca, a despedida de Roberto Trashorras durante estos días.

Non solo no fútbol, noutros deportes vemos coma os ídolos das nosas infancias xa non están. Falamos de Kobe, Navarro… ou ‘Manudona’ Ginobili como exemplo máis recente. Botarémolos moito de menos, iso está claro. Por se fora pouco, somos conscientes de que asistimos os últimos anos dos nosos referentes de sempre como Gasol, ou Federer e Nadal. E non falemos do día que se marche Lionel…

A parte boa de todo isto, e que o final duns, significa o comezo de outros. Xoves como Kylian, Embiid ou o mismísimo Heitor Bello fan que a roda non deixe de xirar e sigamos disfrutando coma sempre do que máis nos gusta: estar tranquiliños no sofá vendo a xente esforzándose na tele. E como a carreira destos xóvenes talentos, tamén comeza unha nova temporada no fútbol lucense. Con todo o que cabe entre as dúas Terceiras disfrutaremos de infinidade de partidos, goles, regates, algunha que outra protesta… e sobre todo os postpartidos. Así que xa sabedes amigos, sede bos e vémonos polos campos… e polos bares!

Diego Tejeda. Xogador do Valadouro

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*