O anecdotario: «A odisea dos carteis da Copa», por Juanma Rodríguez

Así chegaron os carteis da final de Copa ao All Star Futbolinlugo

Isto é ben recente. Aconteceu o pasado sábado. O día do II All Star Futbolinlugo en Carballedo. Serían sobre as oito da mañá cando recibín un audio de Whatsapp de Diego Díaz, un dos redactores desta casa. Dicía algo así:

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Aarón Sánchez, na final de Copa ante o Chantada Atlético. ROBERTO CARREIRA

«Ei, Juanma! A ver se me podes facer un favor antes de saír de Lugo. Tesme que traer uns carteis da final de Copa que ten Aarón (adestrador de Outeiro). Tres ou catro para colgar aquí en Carballedo, que llo prometín. E ao final andabamos os dous a tope, e fóisenos a pinza e non quedamos».

Deportes Élide

Ata ese punto todo normal. Pero levaba un engadido, unha segunda parte coa que non contaba.

«Hai un pequeno problema. Aarón xa vai camiño de Coruxo a xogar un torneo cos pequenos. Pero dixo que amañabamos fácil. Deixou o coche aberto nas Gándaras. Dixo que tiña todo bastante colocado, que colleras tres ou catro carteis da parte de atrás e pecharas a porta tal cual a abriras«.

A citada foto do coche aberto nas Gándaras
Un dos carteis colgados en Carballedo

E alá me plantei nas Gándaras, saquei unha foto ao suposto coche para corroborar que era ese. Déronme o OK, collín os carteis e leveinos a Carballedo. O resto xa é historia!

Juanma Rodríguez Neira. Xornalista e coordinador. Colaborador habitual de Futbolinlugo

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 860

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.