#Entrevistas #Feminino

Nere Lombardero: «Era un paso que había que dar»

Un día despois do éxito da selección española feminina, non podiamos facer outra cousa. Queriamos falar cunha das referentes do fútbol provincial. Con permiso de Lucía Pardo ‘LP’, Nerea Lombardero Reimondo (30/08/2004, A Pontenova) emerxe como unha das grandes promesas do balompé nacional. De feito, xa é toda unha realidade. E esta tempada, por vez primeira, verémola xogar lonxe da nosa provincia.

FUTBOLINLUGO: Boas Nere! Antes de nada, noraboa! O Mundial conseguido onte é un éxito de todas, non si?

NERE LOMBARDERO: É algo que non se pode vivir todos os días. É a representación de todas nós. Estou moi contenta por esa vitoria, froito dun camiño longo e nada doado.

«Cada ano hai máis fichaxes e movementos, máis rapazas xogando ao fútbol»



FIL: Canto creceu realmente o fútbol feminino nos últimos anos?

N. L: O fútbol feminino vai crecendo pouco a pouco. Antes non se facían ‘x’ cousas! Agora, por exemplo, o Mundial deunos bastante a ver. Cada ano hai máis fichaxes e movementos. E cada vez máis rapazas xogando ao fútbol. Está todo mais solto.

«Teño dezaoito anos e cústame, xa non podo ir á casa cando queira»



Nere Lombardero, no último All Star Futbolinlugo

FIL: Falando de cousas pouco sinxelas, imaxinamos que deixar o PM Friol este verán resultou unha delas…

N. L: Foi unha decisión bastante difícil. En Friol levaba toda a vida como quen di. Agora estou a 3 horas da miña casa e non a 50 minutos. Teño dezaoito anos e cústame, xa non podo ir á casa cando queira. Era un paso que había que dar.

FIL: Cóntanos, como chega Nere Lombardero ao Viaxes Interrías?

N. L: O presidente falou comigo. Díxome que estaban interesados en min. Chamoume moito a atención ao ser o único equipo galego que se mantén na categoría. Prefería quedar en Galicia antes que irme máis lonxe por España adiante. Tiña outras ofertas pero quedeime coa do Interrías.

«Eu quería seguir xogando en Segunda RFEF. En Friol había moi bo equipo e tamen moito cambio de xogadoras»



FIL: Que foi o que máis pesou para apostar por este cambio de aires?

N. L: Persoalmente fixen o cambio para seguir xogando en Segunda RFEF. En Friol non foron ben as cousas e descendimos. Eu quería seguir xogando en Segunda, polo menos.

FIL: Que foi o que fallou en Friol?

Nere Lombardero, posando co PM Friol para a IV Guía Futbolinlugo.

N. L: Eramos un equipo cun moi bo cadro de xogadoras. Houbo moito cambio de xogadoras, unhas que se foron e outras que chegaron. O nivel de Segunda RFEF é moi alto e alguén tiña que descender. O ano pasado xa era para dar o paso pero este ano xa non dubidei.

FIL: Entón, tocaranos ver á mellor Nere Lombardero fóra dos nosos marcos?

N. L: Espero que este ano sexa bo. O principal será desfrutar e facer un ano mellor e seguir crecendo pouco a pouco.

Nere Lombardero: «Era un paso que había que dar»

Diario dun mercado. Episodio 390

Nere Lombardero: «Era un paso que había que dar»

Diario dun mercado. Episodio 391

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *