#Fútbol afeccionado #Feminino #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 390

A pouco máis de dez días para o mes de setembro, o mercado segue movéndose, sobre todo na Terceira Galicia, que concentra moitas das novidades de hoxe. Na zona sur, o Relámpago Taboada renova a Moure, Iván e Hugo para a nova temporada. Máis ao norte, o filial da Sarriana anunciou a súa fichaxe máis destacada: o dianteiro Álex Abella, ex de Portomarín e Paradela, súmase ao proxecto dirixido por Míchel. O ariete estará acompañado, na súa maioría, por futbolistas recén saídos dos xuvenís da Ribela, que acadaron un histórico ascenso a Liga Galega Xuvenil a pasada campaña.

Alén diso, un club veciño da Sarriana, o Páramo, renova ao prometedor Álvaro Irimia. Tamén o Matela, neste caso no grupo norte, conta con novidades. Os de Outeiro de Rei incorporan a Ian, natural de Meira e procedente da Comercial B. Suman así a un xogador importante para o lavado de cara que queren levar a cabo os chairegos de cara ao inicio de campaña.

O prometedor Esteban é novo xogador do San Roque.

Non só hai novidades na Terceira. O San Roque, da Segunda Galicia, contará co goleador Esteban para suplir a marcha de Dhomi. O atacante chega, precisamente, desde o conxunto xuvenil da Sarriana que acadou o ascenso á Liga Galega. Ademais, nun fútbol feminino que está de noraboa, o PM Friol incorpora a xogadoras importantes para o novo curso: Itziar Rodríguez (Parquesol), Asia Antón (Granada CF), Marta Gutiérrez (Pradejón B), Ángela Lozano (Olímpico de León), Isa Martín (Real Avilés), Elena Pérez (Sárdoma) e a xa anunciada nesta web Antía Delgado (Viajes Interrías).



Diario dun mercado. Episodio 390

Diario dun mercado. Episodio 389

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *