#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 18

portada maxicos

Os Máxicos veñen de rematar a primeira fase desta 21/22. De agora en adiante, os clubes loitarán por xogar na Preferente ou por acadar a permanencia. Tras as 18 xornadas disputadas, os grupos quedan así:

Grupo Ascenso: Portomarín, Castro, Taboada, Pol, SD Chantada, Riotorto, Chantada Atlético, Burela.

Grupo Descenso 1: Monterroso, Sporting Pontenova, San Lázaro, Pastoricense, San Roque, Folgueiro.

Grupo Descenso 2: Xove Lago, Outeiro de Rei, Lourenzá, Guntín, Alfoz, Friol.



SD Chantada 5-0 San Roque: uns locais moi enchufados conseguiron o primeiro tanto da tarde aos tres minutos de xogo, algo que lles permitiu xogar máis tranquilos ante un San Roque que se defendeu ben no primeiro tempo, pero que viu como lle marcaban o segundo antes do descanso. Tras o parón melloraron os visitantes, pero a SD logrou un 3-0 que fixo moito dano ao San Roque e conseguiu a posteriori dous tantos máis, 5-0.

Riotorto 2-2 Xove Lago: mantivo a terceira praza o Riotorto e perdeu a cuarta o Xove tras a victoria do Burela. O fútbol directo foi a tónica dominante no choque, pero foi o Riotorto quen se adiantou. Empatou o Xove pouco despois, pero o Riotorto anotou o segundo nunha xogada desafortunada para os visitantes. Melloraron estes no segundo tempo e conseguiron o 2-2, pero non foron quen de anotar o tanto que lles dese o pase, mentres que o Riotorto puido marcar o terceiro nun man a man con Trullo.

Friol 1-3 Outeiro de Rei: o Outeiro sacou tres puntos da Reigosa logo dunha primeira metade moi seria na que foron completos dominadores e conseguiron anotar dous tantos que lles deron a tranquilidade necesaria para afrontar o resto do choque. No segundo tempo mellorou o Friol, pero unha boa transición visitante sentenciou o choque. Porén, un combativo Friol fixo o gol da honra cun gran golpeo de falta.



Alfoz 0-1 Sporting Pontenova: victoria do Sporting nun choque no que o Alfoz propuxo un fútbol directo e os visitantes fútbol algo máis combinativo. Ambos conxuntos gozaron de un par de ocasións en cada parte, pero finalmente un cabezazo de Andrés Bouza nunha falta lateral deu a victoria aos da Pontenova ante un Alfoz que rematou con dez xogadores pola expulsión de Bouso.

Monterroso 1-0 Guntín: pouco fútbol no anexo de Cerdeiriños polas súas reducidas dimensións e a choiva que caía sobre este. O partido converteuse nun ida e volta de fútbol directo do que saíu beneficiado o Monterroso, máis adaptado ao campo. David Quinto aproveitou unha chegada para facer o 1-0 no 66′ e darlle tres puntos ao seu equipo.

Pol 3-0 Lourenzá: a mellor versión do Pol dominou un choque no que o Lourenzá tratou de igualar a intensidade local, pero o bo xogo colectivo do Pol e as súas individualidades valéronlle para anotar un tanto na primeira metade, outro mediada a segunda e outro na recta final. Pese á victoria, o Pol non alcanzou na clasificación ao CD Castro, campión do Grupo Norte.

San Lázaro 2-2 Portomarín: pese a que ambos equipos trataron de sacar o balón xogado, apenas houbo ocasións nas Gándaras. O electrónico, porén, non reflicte esa falta de oportunidades. Adiantáronse e ampliaron a diferenza os locais (2-0), pero cinco minutos bastáronlles aos miñotos para poñer o empate (2-2) co que se chegou ao minuto 90′.

Pastoricense 2-4 Castro: o nerviosismo estivo a piques de causarlle unha mala pasada ao Castro no Acebreiro. Necesitaban superar a un Pastoricense que fixo unha primeira parte moi completa, malia que chegou en inferioridade ao tempo de lecer (0-1). O segundo tempo foi tolo: os locais empataron nada máis comezar, pero Adrián Román puxo o 1-2 pouco despois. Co marcador favorable, o Castro relaxouse e fixo dous tantos máis, que despois maquillaría o Pastoricense co definitivo 2-4.



Taboada 4-0 Chantada Atlético: media hora foi suficiente para un Taboada que anotou catro goles nos primeiros trinta minutos ante un Chantada Atlético que asinou unha pobre primeira metade. No segundo tempo melloraron os chantadinos, que puideron anotar en sendas ocasións pero non o fixeron, mentres que os locais limitáronse a conservar o resultado.

Folgueiro 0-1 Burela: logrou a clasificación o Burela nun agónico partido no Vicedo. O Folgueiro, sen nada máis en xogo que os tres puntos, puxo en serios apretos a un Burela que precisaba a victoria e un pinchazo do Xove. O balón parado foi determinante, pois os da Marosa foron quen de facer o seu único gol nunha xogada ensaiada. Folgueiro e Burela encaran así a segunda fase pelexando por obxectivos moi diferentes.

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 18

A Sarriana garante o liderado e o

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 18

O PM Friol B e o Chantada

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *