#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal

Máxicos Luca’s Grill. Oitavos de final

Logo de rematar a temporada regular, os Máxicos lánzanse na procura do título de copa. Tan só quedan oito equipos participantes, todos aqueles que superaron a eliminatoria de oitavos de final.

Folgueiro 2-6 Chantada Atlético: partido moi vistoso e con moitos goles no Vicedo. Os chantadinos sacaron a súa versión máis efectiva e chegaron ao descanso cun 0-3 que deixaba o partido sentenciado. O Folgueiro fixo as cousas ben con balón ao longo dos 90′, pero foi menos efectivo que o seu rival. Tras o descanso, os goles sucedéronse por parte dos dous equipos, pero foron os visitantes os que se levaron a eliminatoria.

Riotorto 3-0 Escairón: o Atlético Escairón puxo fin a unha mala 21/22 na Veiga, onde foi superado polo Riotorto por 3-0. Os locais, un dos conxuntos máis solventes na casa esta temporada, deixaron sentenciado o choque no primeiro tempo (2-0) ante uns visitantes que tan só alinearon 10 xogadores. Un gol de Samu na recta final pechou o marcador, 3-0.

Portomarín 2-3 Residencia: controlou o choque a Residencia, aínda que o Portomarín opuxo moita resistencia no primeiro tempo e o marcador chegou 0-0 ao descanso. Tres zarpazos visitantes na segunda metade puxeron o 0-3 a prol duns capitalinos que se relaxaron na recta final e a piques estiveron de levar un susto, pois o Portomarín fixo 2 goles. Finalmente, 2-3.



Monterroso 5-3 Foz: partido tolo en Cerdeiriños no que o Monterroso impuxo o seu fútbol e, froito diso, conseguiu o pase de eliminatoria. Comezaron ben os locais, que anotaron dous goles nos primeiros 20′. Cando os mariñáns reaccionaron a puxeron o 2-1, outro gol local deixou aos visitantes moi tocados. Xa no segundo tempo, Raúl Antas sentenciou co 4-1 e, aínda que o Foz volveu recurtar diferenzas, o Monterroso volveu ampliadas, 5-2. Nos últimos intres, outro gol dos focenses levou o electrónico ata un atractivo 5-3.

Friol 2-0 Alfoz: dous equipos descendidos loitaban por pasar de ronda e así completar un digno papel na Copa. Porén, foi o Friol o que levou o control do xogo e, froito da súa insistencia, conseguiu dous tantos que, unidos á solidez defensiva que mostraron nos 90′, lles permitiron aos locais pasar aos cuartos de final.

Santaballés 2-0 Ribadeo: partido típico de final de temporada na Liga, con pouco ritmo pero con opcións para ambos conxuntos. O Santaballés empuxou algo máis na recta final, conseguindo o 1-0 a falta de dez minutos e o 2-0 no tempo engadido ante un Ribadeo volcado pero que xogaba aliviado por ter logado a permanencia no Pepe Barrera a pasada semana.



Castro 0-2 Outeiro de Rei: o Outeiro postúlase como serio candidato ao título logo de rematar a liga nun gran estado de forma e de superar ao Castro nos oitavos de final. Os visitantes adaptáronse ao céspede artificial e dominaron o choque desde o comezo. Aínda que o resultado chegou 0-0 ao descanso, o Outeiro non baixou o pistón e conseguiu encerrar ao Castro no seu campo, ata que chegaron os dous goles en apenas dez minutos e o partido quedou visto para sentenza.

SD Chantada (5-4) 1-1 Pol: a SD Chantada deixou fóra da copa a un Pol que aínda non se recuperara do mazazo que supuxo non subir de categoría. Un choque moi serio e entretido entre dous equipos que queren o balón chegou co empate a un ao término do tempo regramentario. Os locais tiveron máis acerto desde os 11 metros, converténdose así en cuartofinalistas.

Máxicos Luca’s Grill. Oitavos de final

O Antas e a Milagrosa selan o

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *