#Preferente Futgal #Primeira Futgal

Máxicos Luca’s Grill. Final da copa

portada maxicos

O pasado domingo, na final da copa de Preferente e Primeira, rematou oficialmente a temporada. O Outeiro de Rei proclamouse campión logo de superar por 2-3 ao Chantada Atlético no campo da Medela «Canti», en Taboada.

A fin de semana do All Star 2022 puxo o broche de ouro a unha temporada atípica, aínda coa Covid rondando e con datas un tanto estranas, pero tamén a unha temporada moi ansiada por todos os que conformamos o fútbol lucense. Logo do bo ambiente vivido en Carballedo o sábado, a Medela vestiuse de gala o domingo, con dúas afeccións volcadas e moi numerosas.

Foi mellor o Outeiro na primeira metade, chegando con claridade á meta defendida por Iván. Unha das chegadas mesmo petou no longueiro. Os chantadinos, pola súa banda, pecaron de nerviosismo, algo que aproveitou o Outeiro para facer o 0-1 xusto antes do descanso.

Porén, o gol non sentou mal a un Chantada Atlético que saíu moito mellor no segundo tempo, na procura do empate. A mala sorte cebouse cos atléticos, pois un esbarón do seu gardamallas no 54′ traduciuse no 0-2 a prol dun Outeiro moi sólido durante toda esta edición da copa.



Non se renderon os «locais», que fixeron o 1-2 pouco despois. Pero o convencemento do Outeiro permitiulles aos chairegos facer o 1-3 no 83′ nunha bonita acción. Na recta final, o Chantada Atlético fixo o 2-3 e mesmo puido empatar no último suspiro... pero finalmente o título marchou para a Terra Chá logo dun duelo precioso entre dous equipos que buscan entretener co seu fútbol.

Máxicos Luca’s Grill. Final da copa

Diario dun mercado. Episodio 281

Máxicos Luca’s Grill. Final da copa

Diario dun mercado. Episodio 282

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *