Madariaga, porteiro do San Ciprián

Madariaga (San Ciprián): «Xa tiña decidido que esta ía ser a miña última tempada»

O porteiro do San Ciprián, Madariaga, sufriu na xornada ante o Iberia da Segunda Futgal unha rotura do tendón de Aquiles tras unha acción an que o gardameta saltou a por un balón aéreo. Mada viu así o final da súa carreira, xa que el xa decidirá que esta ía ser a súa última tempada nos campos lucenses. Unha figura do noso fútbol que aproveitou para agradecer todas as mensaxes de apoio que lle chegaron tanto desde a lesión coma despois dunha operación que saíu éxito.

Futbolinlugo: O primeiro de todo. Como te encontras?

Madariaga: Despois da operación parece que saíu todo ben. Estou na casa descansando mentres non teña movilidade. Polo de agora teño pouco dolor, pero ata que me vaian quitando a férula pois estar o máis quieto posible para que a recuperación sexa exitosa.

FIL: Como foi a acción se a recordas?



M: Estaba o balón en campo contrario e houbo un balón en longo a espalda para un atacante do Iberia. O balón bota e eu vou cara adiante e cando fago a acción de salto sinto un latigazo na pisada coa dereita. Eu mirei inconscientemente cara a atrás e a última imaxe que teño é ver a porteria baleira. Cando estaba no chán o primeiro que lle preguntei a Antón e se collera o balón. Aí foi cando me din conta de que fora o tendón de Aquiles.

«Tiña ganas de acabar a tempada ben co San Ciprián»

FIL: Como levas non poder participar nos últimos partidos da tempada do San Ciprián?

M: Tiña ganas de acabar a tempada ben pero bueno. Sinto resignación pero é o que me tocou, agora teño que priorizar ter unha boa recuperación.



FIL: Como valoras a tempada do San Ciprián?

M: Foi boa no sentido de que necesitabamos caras novas no vestiario que referescar o equipo. Comezamos moi ben, inda que non era unha situación real. Estabamos facendo as cousas por enriba do noso nivel. Fixemos que os máis novos do equipo xogaran minutos que era o máis importante.

FIL: Continuarás a seguinte tempada cando te recuperes da lesión?

M: O ano que vén xa me ía retirar. Comunicárallo antes da lesión ao equipo e a directiva. Tíñao moi pensado e analizado e o final é amargo. Quería rematar doutra forma e no campo, pero tocoume así.



Madariaga (San Ciprián): «Xa tiña decidido que esta ía ser a miña última tempada»

A Sarriana gaña o derbi e deixa

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *